Pepita Tudó
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Josefa Petra Francisca de Paula de Tudó y Catalán ![]() 19 de maio de 1779 ![]() Cádiz, España ![]() |
Morte | 20 de setembro de 1869 ![]() Madrid, Spain, España ![]() |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro ![]() |
Outros nomes | Pepita Tudó ![]() |
Actividade | |
Ocupación | dama de compañía, modelo ![]() |
Outro | |
Título | Q2885292 ![]() Vizconde Príncipe ![]() |
Cónxuxe | Manuel Godoy (1829–) ![]() |
Fillos | Manuel Luis de Godoy y Tudó, Luis Carlos de Godoy y Tudó ![]() |
Parentes | Jacint Tudó i Alemany, tío ![]() |
![]() ![]() |

Pepita Tudó ou Josefina Tudó y Catalán, nada contra 1785 e finada en Madrid en 1869, foi unha condesa española, coñecida por ser modelo de Francisco de Goya en dous famosos cadros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pepita Tudó, orfa dun artilleiro gaditano, viviu desde os 16 anos xunto coa súa nai Catalina e as súas irmás Magdalena e Socorro na casa de Manuel Godoy, á que acudiu a súa nai reclamando os pagos atrasados de viuvez. Pepita foi amante de Manuel Godoy xa cara a 1800, pero a raíña obrigou a este a que contraese matrimonio coa princesa María Teresa de Borbón (matrimonio por outra banda moi favorable a Godoy no socioeconómico). En 1828 ao falecer María Teresa de Borbón puideron oficialmente contraer nupcias Pepita Tudó e Manuel Godoy, aínda que se considera que contraeran anos antes un matrimonio secreto. En 1805 nace, o primeiro fillo de ambos, Manuel, e en 1807 Luís.

En 1807, a instancias do influente Godoy, Carlos IV concedeulle a Josefina Tudó o título de condesa de Castillo Fiel e vicecondesa de Rocafuerte.
O dramaturgo, tamén español, Ceferino Palencia escribiu a novela Pepita Tudó obviamente inspirándose na biografiada no artigo presente. Aínda que quizais o máis interesante de Josefina Tudó é que, con altísimas probabilidades é ela a retratada nos xustamente soados cadros de Goya: La maja vestida e La maja desnuda.