Ceferino Palencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1859 Fuente de Pedro Naharro, España (pt) |
Morte | 22 de xullo de 1928 (69 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, dramaturgo |
Xénero artístico | Dramaturxia |
Familia | |
Cónxuxe | María Tubau |
Fillos | Ceferino Palencia Tubau, Julio Palencia Tubau |
Ceferino Palencia, nado en Fuente de Pedro Naharro (provincia de Cuenca) o 19 de xullo de 1859 e finado en Madrid o 22 de xullo de 1928, foi un dramaturgo español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dirixiu a compañía teatral da súa dona, a actriz María Tubau. As súas obras insérense na corrente da comedia moralizadora realista de mediados do século XIX. Logrou aplausos especialmente a partir de El guardián de la casa (1881), unha sátira contra a mala educación dos mozos. Escribiu despois outras comedias, xa de teses, como La Charra, encamiñada a demostrar os danos de adoptar costumes estranxeiros, xa naturalistas, como Nieves, xa de simple reconstrución e colorido de época, como Comediantes y toreros ou La Vicaría. Destacan tamén Cariños que matan (1882), Pepita Tudó (1901) e La bella Pinguito (1925). Foi pai do médico Ceferino Palencia Tubau, casado coa xornalista e escritora feminista Isabel Oyarzábal Smith (1878-1974).
Obra
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceferino Palencia |