Perfecto Abelairas Castro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Lugo, España |
Morte | 21 de outubro de 1936 (28/29 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | enfermeiro, político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Perfecto Abelairas Castro, nado en Lugo en 1907 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1936, foi un practicante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Practicante do Hospital Municipal Santa María Lugo. Foi vocal do Partido Republicano Radical Socialista, secretario de actas do Partido Republicano Gallego e secretario xeral de Izquierda Republicana de Lugo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Lugo en consello de guerra acusado de traizón, foi condenado a pena de morte e multa mancomunada de 1,5 millóns de pesetas. Foi executado en Lugo o 21 de outubro de 1936 ás 18 h con Ramón García Núñez, José Ramos López, Ángel Pérez López e Rafael de Vega Barrera.[1] Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-891-5.