Saltar ao contido

Rafael de Vega Barrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael de Vega Barrera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1889 Editar o valor en Wikidata
Zazuar, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
18 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933
← Manuel Portela Valladares

Circunscrición electoral: Lugo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2275

Rafael de Vega Barrera, nado en Zazuar (Burgos) en 1889 e finado en Lugo o de 21 de outubro de 1936, foi un médico e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Estatua de Rafael de Vega Barrera en Lugo.

Era membro da masonaría. Traballou como cirurxián en Lugo, onde a miúdo operaba a xente humilde sen cobrar. Foi director do Hospital Municipal de Lugo, cidade na que proclamou a República desde o balcón da Casa do Concello. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Republicano Radical.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o 19 de xullo de 1936 organizou a resistencia na cidade de Lugo con José María Díaz Díaz-Villamil e Jacinto Calvo López. Foi detido polos militares sublevados, sufriu un simulacro de xuízo e foi fusilado na tapia do cemiterio de Lugo ás 18:00 horas do 21 de outubro de 1936 con José Ramos López, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Ramón García Núñez.[1] Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.[2][3] En 2024 anulouse o seu xuízo.[4]

  1. El Progreso, 22-10-1936, p. 1.
  2. BOP Lugo, 10-12-1936, p. 2.
  3. BOP Lugo, 30-12-1936, p. 2.
  4. "O Goberno estatal anula o xuízo a Rafael de Vega, médico republicano asasinado en Lugo en 1936". Nós Diario. 7 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]