Saltar ao contido

Perfecto García Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPerfecto García Lemos
Biografía
NacementoBueu, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Bueu
1937 – 1939
← Camilo Davila DavilaJosé María Massó García → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPerfecto García Nogueira Editar o valor en Wikidata

Perfecto García Lemos, nado en Bueu, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Perfecto García Nogueira. Na República militou no Partido Galeguista.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Bueu a finais de 1937.[2] Foi cesado no cargo polo gobernador civil en xaneiro de 1939, logo dunha denuncia e enfrontamento cun axente da Policía Marítima do Distrito de Bueu.[3] Foi Xefe local do Movimiento até 1966,[4] e en 1971 foi elixido vicepresidente do Consello local do Movimiento.[5] Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Bueu, correspondente de banca e presidente do Club Deportivo Bueu.


Predecesor:
Camilo Davila Davila
 
Alcalde de Bueu
 
1937 - 1939
Sucesor:
José María Massó García

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en xaneiro de 1935 con Josefa Puig Davila,[6] e foi pai de Perfecto (Tuco), Maribel e Fernando García Puig.

  1. Amoedo López, Gonzalo (2010). A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra. Vigo: Xerais. 
  2. "Pontevedra". El Ideal Gallego (en castelán). 24 de decembro de 1937. p. 3. 
  3. Cesado el alcalde de Bueu por culpa de unas copas - 1939
  4. El Pueblo Gallego, 4-1-1966, p. 9.
  5. El Pueblo Gallego, 21-2-1971, p. 13.
  6. El Pueblo Gallego, 10-1-1935, p. 10.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]