Saltar ao contido

Camilo Davila Davila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCamilo Davila Davila
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor en Wikidata
Morte26 de decembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (95/96 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Bueu
1936 – 1937
← Johán CarballeiraPerfecto García Lemos →
Alcalde de Bueu
1925 – 1930
← Jesús Prieto GarcíaFrancisco Domínguez Cabanillas → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Camilo Davila Davila, nado en 1886 e finado na Pobra do Caramiñal o 26 de decembro de 1982,[1] foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Bueu en novembro de 1925.[2] Presentou a súa renuncia xunto con toda a corporación municipal en febreiro de 1930. Volveu ser nomeado concelleiro e elixido primeiro tenente alcalde na corporación presidida por Perfecto García Nogueira en xaneiro de 1931.[3] Na República foi elixido presidente da Unión Regional de Derechas de Bueu en xullo de 1932.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e despois duns días nos que se fixo cargo da alcaldía o subdelegado de Mariña de Bueu Gonzalo Torrente Piñón, foi nomeado alcalde de Bueu a principios de agosto.[5] Sostivo enfrontamentos pola intensidade represora con José María Massó García.[6] Permaneceu no cargo até 1937. Finou na Pobra do Caramiñal aos 96 anos.


Predecesor:
Jesús Prieto García
 
Alcalde de Bueu
 
1925 - 1930
Sucesor:
Francisco Domínguez Cabanillas
Predecesor:
José Gómez de la Cueva
 
Alcalde de Bueu
 
1936 - 1937
Sucesor:
Perfecto García Lemos

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con Constantina Agulla Barros en 1932,[7] e foi pai de Camilo, Manuela, Enrique, José, Teresa e Santiago Davila Agulla.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-12-1982, p. 39.
  2. El Progreso, 28-11-1925, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 29-1-1931, p. 9.
  4. El Ideal Gallego, 27-7-1932, p. 4.
  5. El Pueblo Gallego, 2-8-1936, p. 7.
  6. Falanxistas de Bueu.
  7. Vida Gallega, 10-4-1932, p. 42.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]