Personaxe xogador
Un personaxe xogador é un personaxe ficticio dun videoxogo ou xogo de rol cuxas accións son controladas por un xogador e non polas regras do xogo. Os personaxes que non están controlados por un xogador chámanse personaxes non xogables (máis coñecidos polas súas siglas en inglés NPC: non-player characters). As accións dos personaxes que non son xogadores son normalmente xestionadas polo propio xogo nos videoxogos, ou segundo as regras seguidas por un mestre do xogo que arbitra os xogos de mesa de rol. O personaxe xogador funciona como un corpo alternativo ficticio para o xogador que controla o personaxe.[1][2][3]
Os videoxogos adoitan ter un personaxe para cada persoa que xoga. Algúns xogos, como os de campo de batalla multixogador en liña, hero shooter ou os loita, ofrecen unha variedade de personaxes para que o xogador elixa, permitíndolle controlar un deles á vez. Cando hai máis dun personaxe xogador dispoñible, os personaxes poden ter habilidades e estilos de xogo diferentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Farge, Paul (setembro de 2006). "Destroy All Monsters". The Believer Magazine. Arquivado dende o orixinal o 2008-09-20. Consultado o 2008-12-25.
- ↑ TSR Hobbies, Understanding Dungeons & Dragons, 1979. Quoted in Gary Alan Fine, Shared Fantasy: Role-Playing Games as Social Worlds (Chicago: U Chicago Press, 1983)
- ↑ Waggoner, Zack (2009). My Avatar, My Self: Identity in Video Role-Playing Games. University of Michigan. p. 8. ISBN 978-0-7864-4109-9. Consultado o 2014-11-12.