Peso costarriqueño
- Para outras moedas coa denominación de "peso", véxase a páxina de homónimos Peso.
Peso costarriqueño † | |
---|---|
![]() | ![]() |
Código: | CRP |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | $ |
Fracción: | - 8 reais (ata 1864) - 100 centavos (de 1864 a 1896). |
Moedas: | - 5, 10, 25, 50 centavos. - 1/16, 1/8, 1/4, 1, 2, 5, 10 pesos. |
Billetes: | - 10, 20, 50 centavos. 1, 2, 5, 10, 20, 25, 50 e 100 pesos. |
Emisor: | Bancos privados e Banco Central de Costa Rica. |
Taxa de troco: | 8 reais = 1 peso = 100 centavos. |
O peso foi a moeda de Costa Rica entre 1850 e 1896. Inicialmente subdividíase en oito reais de prata, a moeda que substituíu e coa coexistiu ata 1864, cando Costa Rica decimalizou o seu sistema monetario e o peso pasou a dividirse en 100 centavos. O peso costarriqueño foi substituído polo colón, con idéntico valor, en 1896.
Emisións
[editar | editar a fonte]Moedas
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Gold_pesos_Costa_Rica_1873.jpg/220px-Gold_pesos_Costa_Rica_1873.jpg)
En 1850 emitíronse moedas de prata con valores faciais de 1/16, 1/4 e 1/2 peso, e en 1864 cuñáronse os valores de 25 centavos e un peso. O ano seguinte, 1865, emitíronse as moedas de cuproníquel dun cuarto de centavo e dun centavo, e as de prata de 5, 10 e 50 centavos. En 1870 completouse a serie de valores coas moedas de ouro de 2, 5 e 10 pesos.
Ademais, en 1889 contramarcáronse moedas colombianas de 50 centavos para circularen en Costa Rica como pezas de 50 centavos do peso costarriqueño.
Billetes
[editar | editar a fonte]Algúns bancos privados tiveron autorización para a emisión de papel moeda en pesos entre 1858 e 1896. O primeiro en facelo foi o Banco Nacional de Costa Rica, inicialmente con billetes de 2 pesos e progresivamente ata completar a serie de valores de 10, 20, 25, 50 e 100 pesos.
O Banco de Costa Rica emitiu notas promisorias en pesos entre 1895 e 1899, con valores de 1, 2, 5, 10, 20 e 100 pesos.
Tamén o Banco de la Unión emitiu billetes de 1, 2, 5, 10, 25, 50 e 100 pesos entre 1877 e 1889. Do mesmo xeito, Ferro Carril de Costa Rica emitiu billetes en 1872 con valores de 10, 25 e 50 centavos, e de 1, 2 e 5 pesos.
En 1865 tivo lugar unha emisión gobernamental de papel moeda, con valores de 1, 5, 10, 25 e 50 pesos, serie que se completou en 1871 co billete de 2 pesos.
Predecesor: Real costarriqueño |
![]() Peso costarriqueño 1850 - 1896 |
Sucesor: Colón costarriqueño |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chacón Hidalgo, M. B. (2000). La Moneda en Costa Rica: 1502-2000. San José. Fundación Museos Banco Central de Costa Rica. ISBN 9968-9795-8-9
- Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501
- Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
- Pick, A. (1990). Standard Catalog of World Paper Money: Specialized Issues. (6th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-149-8
- Stickney, B. (2017). A Monetary History of Central America. Numismatic Studies 35. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-350-8