Fernando Pessoa
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(1914) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Fernando António Nogueira Pessoa 13 de xuño de 1888 Lisboa, Portugal |
Morte | 30 de novembro de 1935 (47 anos) Lisboa, Portugal |
Causa da morte | cirrose hepática |
Lugar de sepultura | Mosteiro dos Xerónimos |
Relixión | Neopaganismo |
Educación | Universidade de Lisboa Universidade de Suráfrica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Durban |
Ocupación | Poeta, escritor, tradutor, Correspondente comercial |
Período de actividade | 1912 – 1935 |
Xénero artístico | Poesía,ensaio, teatro, ficción |
Movemento | Modernismo |
Pseudónimo literario | Alberto Caeiro Ricardo Reis Álvaro de Campos Bernardo Soares |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Ofélia Queiroz |
Pais | Joaquim de Seabra Pessoa e Maria Magdalena Pinheiro Nogueira |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Fernando António Nogueira Pessoa, nado en Lisboa o 13 de xuño de 1888 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1935, foi un poeta e escritor portugués. O seu libro máis coñecido é Mensagem. Pessoa é considerado, en conxunto con Camões, un dos máis importantes poetas de lingua portuguesa. O crítico literario Harold Bloom considerouno, no seu libro The Western Canon ("O canone occidental"), o máis representativo poeta do século XX, xunto con Pablo Neruda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tiña ascendencia galega por parte materna, con raíces en Outes e Negreira.[1] Aínda que naceu en Lisboa, Fernando Pessoa viviu toda a súa infancia e adolescencia en Durban, Suráfrica, o que lle proporcionou un profundo contacto coa lingua inglesa. Perdeu a seu pai, vítima de tuberculose, cando tiña cinco anos de idade e a súa nai casou novamente cando tiña sete. Terminou os seus estudos naquel país na Universidade do Cabo (onde recibirá o Queen Victoria Memorial Price ao mellor ensaio). Mentres estudaba, regresou a Portugal durante un ano para reencontrar as familias paterna (en Tavira) e materna (na Illa Terceira).
Regresou definitivamente a Lisboa en 1905, frecuentando durante dous anos o curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. Pasa a se dedicar, no entanto, á tradución de correspondencia comercial.
Pessoa foi internado o día 29 de novembro de 1935, no Hospital de São Luís dos Franceses, vítima dunha crise hepática. O 30 de novembro morreu. Nos últimos momentos da súa vida pide os anteollos e clama polos seus heterónimos.
Na conmemoración do centenario do seu nacemento en 1988 o seu corpo foi trasladado ao Mosteiro dos Xerónimos, confirmando o recoñecemento que non tivo en vida.
Obra
[editar | editar a fonte]Considérase que a gran creación estética de Pessoa foi a xénese heteronómica practicada na súa obra. Os heterónimos, diferentes dos pseudónimos, son personalidades poéticas completas: identidades, que, en principio falsas, tórnanse verdadeiras a través da súa manifestación artística propia e diversa do autor orixinal. Entre os heterónimos, o propio Fernando Pessoa pasou a ser chamado ortónimo, xa que era a personalidade orixinal. Entre tanto, coa madureza de cada unha das outras personalidades, o propio ortónimo tornouse apenas máis un heterónimo entre os outros. Os tres heterónimos máis coñecidos (e tamén aqueles con maior obra poética) foron Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro.
A través dos heterónimos, Pessoa conduciu unha profunda reflexión sobre a relación entre verdade, existencia e identidade.
Ortónimo
[editar | editar a fonte]A obra ortónima de Pessoa pasou por diferentes fases, mais envolve basicamente a procura dun certo patriotismo perdido, a través dunha actitude sebastianista reinventada. O ortónimo foi profundamente influenciado, en varios momentos, por doutrinas relixiosas como a teosofía e sociedades secretas como a masonaría. A poesía resultante ten un certo ar mítico, heroico (case épico, mais non na acepción orixinal do termo), e por veces tráxico.É un poeta universal, na medida en que nos foi dando, mesmo con contradicións, unha visión simultaneamente múltipla e unitaria da Vida. É precisamente nesta tentativa de ollar o mundo dunha forma múltipla (cun forte substrato de filosofía racionalista e mesmo de influencia oriental) que reside unha explicación plausible para ter criado os celebres heterónimos: Alberto Caeiro, Álvaro de Campos e Ricardo Reis, sen contarmos aínda co semiheterónimo Bernardo Soares.
A principal obra de "Pessoa el-mesmo" é Mensagem, unha colección de poemas sobre os grandes personaxes históricos portugueses. O libro foi, tamén, o único a ser publicado en canto foi vivo.
Álvaro de Campos
[editar | editar a fonte]Entre todos os heterónimos, Campos foi o único a manifestar fases poéticas diferentes ao longo da súa obra. Era un enxeñeiro de educación inglesa e orixe portuguesa, mais sempre coa sensación de ser un estranxeiro en calquera parte do mundo.
Comeza a súa traxectoria como un decadentista (influenciado polo Simbolismo), mais logo se adhire ao Futurismo. Despois dunha serie de desilusións coa existencia, asume unha vea nihilista, expresa naquel que é considerado un dos poemas máis coñecidos e influentes da lingua portuguesa, Tabacaria.
Ricardo Reis
[editar | editar a fonte]O heterónimo Ricardo Reis é descrito como sendo un médico que se definía como latinista e monárquico. De certa maneira, simboliza a herdanza clásica na literatura occidental, expresa na simetría, harmonía, un certo bucolismo, con elementos epicúreos e estoicos. A fin inexorable de todos os seres vivos é unha constante na súa obra, clásica, depurada e disciplinada.
Segundo Pessoa, Reis mudouse para o Brasil en protesta á proclamación da República en Portugal e non se sabe o ano da súa morte.
José Saramago, en O ano da morte de Ricardo Reis continua, nunha perspectiva persoal, o universo deste heterónimo, despois da morte de Fernando Pessoa, cuxo fantasma establece un diálogo co seu heterónimo, sobrevivente ao criador.
Alberto Caeiro
[editar | editar a fonte]Caeiro, polo seu lado, tería sido un campesiño sen estudos formais, mais considerado o mestre entre os heterónimos (polo ortónimo, inclusive). Tamén é coñecido como o poeta-filósofo, mais rexeitaba este título e pregaba unha "non-filosofía". Acreditaba que os seres simplemente son, e nada máis: irritábase coa metafísica e calquera tipo de simboloxía para a vida.
Posuía unha linguaxe estética directa, concreta e simples, mais aínda así, bastante complexa do punto de vista reflexivo. O seu ideario resúmese no verso Hai metafísica bastante en non pensar en nada. A súa obra está agrupada no compilatorio Poemas Completos de Alberto Caeiro.
Narrativa
[editar | editar a fonte]Pessoa escribiu a novela curta O banqueiro anarquista (1922).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez, Joel (25 de marzo de 2018). "Las raíces gallegas de Pessoa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Pessoa |
A Galicitas posúe citas sobre: Fernando Pessoa |