Saltar ao contido

Sebastianismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sebastián de Portugal.

O Sebastianismo foi un movemento místico-secular que ocorreu en Portugal na segunda metade do século XVI como consecuencia da morte do rei Sebastián na batalla de Alcácer-Quibir, en 1578. Por falta de herdeiros, o trono portugués terminou nas mans do rei Filipe II da rama española da casa de Habsburgo. Basicamente, o Sebastianismo é un mesianismo adaptado ás condicións lusas e despois nordestinas. Traduce unha desconformidade coa situación política vixente e unha expectativa de salvación aínda que milagrosa, a través da resurrección dun morto ilustre.

A pesar do corpo do rei ter sido trasladado ao Mosteiro dos Xerónimos, o pobo nunca aceptou o feito, divulgando a lenda de que o rei se encontraba aínda vivo, apenas esperando o momento certo para volver ao trono e afastar o dominio estranxeiro.

O seu divulgador máis popular foi o poeta Bandarra, que produciu incansábeis versos clamando polo retorno do Desejado (como era chamado D. Sebastián). Explorando a credulidade popular, varios oportunistas se presentaban como o rei oculto na tentativa de obter beneficios persoais. O maior intelectual a adherir ao movemento foi o Padre Vieira.

Finalmente en 1640, polo golpe restauracionista liderado polos Braganzas, no Porto, Portugal volveu ser independente e o movemento comezou a arrefecer no interior do nordeste, tamén foi motivo da crenza na chegada dun "rei bon".

O poeta portugués Fernando Pessoa, no seu libro Mensagem, admite unha postura sebastianista, en busca dun patriotismo perdido. O libro foi composto con moito do pasado heroico de Portugal.

Sebastianismo no Brasil

[editar | editar a fonte]

O sebastianismo tamén influenciou certos movementos brasileiros, principalmente no inicio do século XX.

Por exemplo, Antônio Conselheiro empregouno nos seus discursos á poboación de Canudos. Segundo el, Sebastián iría retornar dos mortos para restaurar a monarquía no Brasil, atraendo así a ira do recentemente inaugurado goberno republicano do Brasil. É posíbel que ese uso do sebastianismo teña sido responsábel dunha resposta mais enérxica do goberno na guerra contra Canudos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]