Petrojarl Foinaven
Petrojarl Foinaven ex ANADYR | |
---|---|
![]() Maqueta Petrojarl Foinaven en Exponav. | |
Historial | ![]() |
Estaleiro | ASTANO |
Clase | Offshore Support Vessel |
Tipo | FPSO |
Operador | Golar-Nor Offshore A.S (actualmente Teekay Petrojar) British Petroleum |
Porto de rexistro | Nassau |
Autorizado | 1994 |
Botado | 28 de agosto de 1995 |
Asignado | 25 de outubro de 1996 |
Viaxe inaugural | Ferrol-UK |
Destino | Foinaven oilfield (Atlántico norte) |
Características xerais | |
Desprazamento | 43279 TN |
Eslora | 250,20 m |
Manga | 34,00 m |
Puntal | 19,1 m |
Calado | 13 m |
Propulsión | 2 hélices accionadas por motores eléctricos con 6000kw cada unha, e 2 Motores Thruster 2400kw, 11kV |
Potencia | Catro diésel xeradores (gas-diésel) de 16 cilindros e Catro diésel xeradores (gas-diésel) de 18 cilindros, potencia total instalada 51.000 kW |
Tripulación | 70 |
Sociedade de clasificación: Det Norske Veritas (DNV) Número OMI: 8887595 Número MMSI: 309499000 |
O Petrojarl Foinaven é un FPSO (Floating crude Production Storage and Offloading unit) construído en Astano.
Deseño
[editar | editar a fonte]O Petrojarl Foinaven foi construído en Astano como modificación dun buque existente, o Anadyr. Un buque construído para o mantemento e transporte de submarinos soviéticos, tiña unha eslora de 226,20 m e unha manga de 30 m. O buque foi construído en 1989 por Wärtsila, no estaleiro Turku, Finlandia.[1]
En Ferrol foi cortado o buque para aproveitar a proa e a popa que serían ensambladas ao corpo central de 142 m de eslora e 34 m de manga construído por Astano. Ao deseño engadíuselle un heliporto na proa. En 1994 Astano firmou un contrato con Golar-Nor Offshore para a construción do Petrojarl IV (Petrojarl Foinaven). Está deseñado para operar en profundidades de ata 500 metros.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Petrojarl Foinaven Arquivado 23 de decembro de 2017 en Wayback Machine.