Petronila de Aquitania
Aparencia
Nome orixinal | (fr) Pétronille d'Aquitaine ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1125 ![]() Poitiers ![]() |
Morte | Despois de 1152 ![]() Saint-Quentin ![]() |
Lugar de sepultura | Crépy-en-Valois ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ducado de Aquitania ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Outro![]() | |
Título | Duquesa ![]() |
Familia | Ramnulfids (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Raúl I de Vermandois (1142–1152) |
Fillos | Isabel de Vermandois, Leonor de Vermandois, Raúl II de Vermandois ![]() |
Nai | Leonor de Châtellerault ![]() |
Irmáns | Leonor de Aquitania ![]() |
![]() |
Petronila de Aquitania[1], nada aproximadamente en 1125 e finada despois de 1151, era filla de Guillerme X de Aquitania, duque de Aquitania e Leonor de Châtellerault. Era irmá de Leonor de Aquitania. Tamén lle chamaban Aelis.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Seguiu á súa irmá Leonor ata a corte de Francia e namorouse alí de Raúl de Vermandois, un home maduro xa casado con Leonor de Blois. Para agradala, Leonor de Aquitania e o seu marido, Lois VII de Francia, obtiveron a disolución do matrimonio de Raúl, o que provocou un conflito co conde de Champaña Teobaldo IV de Blois, irmán da repudiada esposa.
Despois casou con Raúl I de Vermandois[1] (m. 1152 ), conde de Vermandois e Valois e tiveron a:
- Isabel (1143-1183), condesa de Vermandois e Valois, casada con Filipe de Alsacia, conde de Flandres.
- Raúl II (1145-1167), conde de Vermandois e Valois.
- Leonor de Vermandois (1148/1149 - 1213).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 . Xenealoxía de Petronila de Aquitania en Medieval Lands