Phalacrocorax capensis
Phalacrocorax capensis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phalacrocorax capensis en Walvis Bay, Namibia | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Phalacrocorax capensis' (Sparrman, 1789)[1] | |||||||||||||||
Phalacrocorax capensis, xeramenlte chamado corvo mariño do Cabo, é unha especie de corvo mariño endémico da costa suroeste de África.
Reprodúcese en Namibia sur e sueste da Provincia do Cabo, Suráfrica. Cando non está na tempada reprodutora, pode atoparse bastante máis ao norte, ata a desembocadura do río Congo, e esténdese pola costa leste de Suráfrica ata Mozambique. Na década de 1970, a poboación reprodutora estimábase en arredor dun millón de exemplares só en Namibia. Porén, agora a IUCN clasifíca a especie como "en perigo" debido a un rápido declive da poboación experimentado nas últimas tres xeracións.[1]
É unha ave de cor case enteiramente negra brillante, pero na época reprodutora ten un ton máis purpúreo e algunhas plumas brancas na cabeza, pescozo, e zona cloacal. A súa pel gular é dunha cor amarela alaranxada. Unha característica infrecuente nos corvos mariños é que ten a rexión loreal (entre os ollos e os orificios respiratorios) cuberta de plumas en vez de espida. As ás teñen unha envergadura entre 240 e 280 mm, e o seu peso está entre 0,8 e 1,6 kg, e presenta pouco dimorfismo suxual.
Aliméntanse xeralmente en bandadas, facendo capturas en bancos de peixes a media profundidade, de sardiñas, anchoas, e pequenos ammodítidos. As súas presas son normalmente moito máis pequenas que as da especie simpátrica Phalacrocorax neglectus. Os seus principais depredadores son os chacais Canis mesomelas, que capturan ocasionalmente a adultos mentres están pousados descansando, e aves predadoras que actúan no seu lugar de nidación como o corvo mariño Phalacrocorax carbo, os pelicanos Pelecanus onocrotalus, e as gaivotas Larus dominicanus.
Xunto con algunhas outras especies de corvos mariños, esta especie é clasificada por algunhas autoridades (por exemplo Johnsgaard) no xénero Leucocarbo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2013). "Phalacrocorax capensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- Johnsgaard, P. A. (1993). Cormorants, darters, and pelicans of the world. Washington DC: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-216-0
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]= Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Phalacrocorax capensis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Phalacrocorax capensis |
- páxina sobre o corvo mariño do Cabo da Unidade de Demografía Animal da Universidade de Cidade do Cabo
- Cape Cormorant - Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds.