Philippe Kahn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1952 (72 anos) París, Francia |
Educación | ETH Zürich University of Nice Sophia Antipolis (en) University of Côte d'Azur (en) |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, informático teórico |
Familia | |
Nai | Claire Monis |
Philippe Kahn, nado en París o 16 de marzo de 1952,[1] é un matemático, innovador tecnolóxico, empresario francés. Kahn está considerado como o creador do primeiro teléfono con cámara,[2][3] como un pioneiro da tecnoloxía portátil e como autor de ducias de patentes tecnolóxicas.[4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e educación
[editar | editar a fonte]Kahn creceu en París.[6] Naceu nunha familia de inmigrantes xudeus con medios modestos. A súa nai, Claire Monis, era unha supervivente de Auschwitz, violinista e tenente da resistencia francesa. O seu pai era un enxeñeiro mecánico autodidacta con inclinacións socialistas.[7][8]
Kahn estudou matemáticas no ETH Zürich (Suíza), cunha bolsa completa e na Universidade de Niza Sophia Antipolis (Francia). Obtivo un mestrado en matemáticas e tamén en musicoloxía e interpretación da frauta clásica no Conservatorio de Zürich.[9] Como estudante, Kahn desenvolveu software para o MICRAL, que está considerado polo Museo da Historia do Computador como o primeiro computador persoal baseado en microprocesadores.[10]
Compañías tecnolóxicas
[editar | editar a fonte]Kahn fundou catro compañías de software: Fullpower Technologies (2003), LightSurf Technologies (1998), Starfish Software (1994) e Borland (1982).
Kahn fundou Borland en 1982, e foi o seu CEO ata 1994. Nese tempo era o competidor de Microsoft e producía compiladores de linguaxes de programación e ferramentas para o desenvolvemento de software.[11][12] O seu primeiro produto, Turbo Pascal, vendíase por 49,95 dólares nun momento en que as ferramentas de programación custaban centos ou miles de dólares.[13] Kahn foi presidente, CEO e director de Borland e pasou Borland de non ter ingresos a valer cincocentos millóns de dólares. Kahn e o consello de Borland non acordaron en que centrar a compañía e en xaneiro de 1995, Kahn foi obrigado polo consello a dimitir do seu posto como CEO.[14]
Starfish Software foi fundada en 1994 por Philippe Kahn como descendente da unidade de negocios de Simplify de Borland e pola separación de Kahn de Borland. TrueSync foi o primeiro sistema de sincronización Over-The-Air (OTA). Starfish foi adquirida con éxito por Motorola por 325 millóns de dólares en 1998.[13]
Kahn e a súa esposa Sofia cofundaron a compañía de mensaxes multimedia LightSurf Technologies en 1998.[15] En 2005, LightSurf foi adquirida por Verisign por 300 millóns de dólares.[13] Syniverse Technologies adquiriu Lightsurf de Verisign en 2009.[16]
Fullpower, fundada en 2003, ofrece un ecosistema patentado para solucións de Internet das cousas con redes de sensores de apoio. A inspiración dalgúns dos seus produtos clave procede da paixón de Kahn pola navegación. Durante unha carreira que esixía aos navegantes a durmir menos dunha hora en cada período de vinte e catro horas, Kahn comezou a experimentar con biosensores e acelerómetros lineares de tres eixes que podían detectar micromovementos e achegar recomendacións. Kahn creou prototipos de rastrexadores de soño que optimizaban as sestas de vinte e seis minutos para maximizar os beneficios do soño e o tempo de navegación.[17]
Primeira cámara nun teléfono
[editar | editar a fonte]En 1997, Kahn creou a primeira cámara nun teléfono para compartir imaxes instantaneamente en redes públicas. O ímpeto por esta invención foi o nacemento da filla de Kaha; ensamblou unha conexión entre un teléfono móbil e unha cámara dixital e enviou as fotografías en tempo real.[18][19][20][21] Kahn dixo posteriormente: "sempre quixen ten este traballo a tempo para compartir a fotografía do nacemento da miña filla, mais non estaba seguro de que o fose facer. É sempre o caso de que se non fose polo último minuto, nada se faría".[22]
En 2016 a revista Time incluíu a primeira fotografía de Kahn co seu teléfono na súa listaxe das cen fotos máis influentes de todos os tempos.[23] En 2017, Subconscious Films creou unha curtametraxe que recreaba o día que Philippe compartiu instantaneamente a primeira fotografía cun teléfono no nacemento da súa filla Sophie.[24]
Patentes
[editar | editar a fonte]Kahn soliciou o recibiu noventa patentes, en campos que inclúen os sensores de movemento, a tecnoloxía portátil, os GPS, a telemedicina e a monitorización do soño.[25]
Defensa dos dereitos dos homosexuais
[editar | editar a fonte]Baixo a dirección de Kahn, Borland converteuse na primeira compañía de software que ofreceu ás parellas de feito beneficios completos e foi un pioneiro nos dereitos dos homosexuais en Silicon Valley. Kahn foi un relator clave na conferencia sobre os dereitos dos homosexuais na conferencia no campus de Apple o 19 de outubro de 1993.[26]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Kahn ten catro fillos. Os tres primeiros, Laura, Estelle e Samuel, son do seu primeiro matrimonio. Despois casou con Sonia Lee, coa que ten unha filla, Sophie.[3][27] Sonia cofundou con el tres das compañías de Kahn, Fullpower Technologies, LightSurf e Starfish Software.
Navegación e deportes
[editar | editar a fonte]O foco de Philippe Kahn no medio natural levouno ao deporte da navegación. O equipo de navegación de Kahn, Pegasus Racing, compite en moitos campionatos do mundo cada ano. Navegante de augas abertas con máis de dez cruzamentos transpacíficos, Kahn ten o récord do Transpac dende San Francisco a Oahu, Hawai.[28]
As súas fazañas en navegación inclúen a vitoria da división de 2009 con dous tripulantes da Transpacific Yacht Race dos Ánxeles a Hawai, e estableceu o récord de Transpac en 7 días e 19 horas, batendo o tempo previo de 10 días e 4 horas.[17]
O fillo de Kahn, Samuel ("Shark"), tamén navega dende neno.[29] Na súa adolescencia gañou varias carreiras destacadas, como a Melges 24 de 2003 xusto despois de cumprir quince anos.[30] Tamén competiu contra o seu pai.[31]
Fundación Lee-Kahn
[editar | editar a fonte]Kahn e a súa esposa Sonia manteñen a Fundación Lee-Kahn.[15] Segundo a páxina da fundación, patrocina organizacións locais e estatais non gobernamentais centradas en causas ambientais e traballa para mellorar o acceso ao coidado da saúde, a educación e as artes.[32]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Darrow, Barbara (10 de novembro de 1999). "Phillipe Kahn". CRN (Computer Reseller News). Archived from the original on 06 de decembro de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2012.
- ↑ "In just one hour, two Bell Labs scientists had a breakthrough that won the Nobel prize — and changed photography forever". businessinsider.com. 17 de xuño de 2015. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Epstein, Sonia (agosto de 2018). "The Birth of the Camera Phone". Consultado o 7 de agosto de 2018.
- ↑ "iPhoneographers learn from the pros at 1197 conference". Macworld. 24 de outubro de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ "MEMS Journal -- The Largest MEMS Publication in the World". memsjournal.com. 1 de agosto de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ "Meet the Man Behind the Very First Camera Phone". mashable.com. 6 de marzo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ Weber, Jonathan (23 de febreiro de 1992). "Kahn the Barbarian". Los Angeles Times. Consultado o 7 de febreiro de 2012.
- ↑ "Dr. Susan Eischeid Honored with Presidential Excellence Award for Research". valdosta.edu. 12 de outubro de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ "Entrepreneurship and New Venture Creation". books.google.com. 30 de xullo de 2008. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ computerhistory.org
- ↑ Philippe Kahn (15 de xuño de 2005). "Vision". Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ Taft, Darryl K. (2013-09-05). "30 Years Ago: Turbo Pascal, BASIC Turn PCs Into Programming Engines". eWEEK (en inglés). Consultado o 2022-02-22.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 "Triangulation 318 Philippe Kahn | TWiT.TV". TWiT.tv (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2017.
- ↑ Kellner, Krey, Jeffers, Parks
- ↑ 15,0 15,1 "The Big Picture". wired.com. 10 de outubro de 2000. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ "Syniverse Completes Acquisition of VeriSign`s Messaging Business". tmcnet.com. 27 de outubro de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ 17,0 17,1 "How an Obsessive Sailor and His Fitness Tracker Supercharged Yacht Racing". Wired. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ Maney, Kevin (23 de xaneiro de 2007). "Baby's arrival inspires birth of cellphone camera — and societal evolution". usatoday.com. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ Michael Agger (17 de xaneiro de 2007). "When camera phones attack.". Slate Magazine.
- ↑ Sullivan, Robert (2011). 100 Photographs That Changed The World. LIFE Books. p. 19. ISBN 978-1-60320-176-6.
- ↑ Larry Magid (9 de xuño de 2017). "A baby girl and the camera phone were born 20 years ago". Mercury News.
- ↑ Tekla S. Perry (11 de xuño de 2017). "Happy Birthday, Camera Phone! Your Papa Is Very Proud of You.". IEEE Spectrum.
- ↑ "Santa Cruz’s Philippe Kahn makes Time’s 100 most influential photos of all time". mercurynews.com. 17 de novembro de 2016. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ 1997: The Birth of the Camera Phone, https://vimeo.com/221117048
- ↑ "Justia patents". justia.com. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ Groves, Martha (19 de outubro de 1993). "Advocates of Gay Rights Look to Technology to Further the Cause". Los Angeles Times. Consultado o 6 de xuño de 2012.
- ↑ "Computer Systems Laboratory Colloquium". stanford.edu. 1998-04-01. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ Transpacific Yacht Race – The perfect ride? – By Kimball Livingston, 7:40 AM o xoves 19 de maio de 2011
- ↑ "Kahn and Son Share a Passion". Sailing World (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ "Shark Kahn serves notice for Etchells Worlds". www.sail-world.com. Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ Fisher, Daniel (28 de febreiro de 2005). "Eat My Wake". Forbes (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ "Who We Are". lee-kahn.org. Consultado o 19 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Philippe Kahn |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Erickson, Jonathan (20 de novembro de 2008). "Turbo Pascal's Unsung Hero". Dr. Dobb's Portal: The World of Software Development. Consultado o 17 de decembro de 2012.
- Maney, Kevin (23 de xaneiro de 2007). "Baby's arrival inspires birth of cellphone camera – and societal evolution". USA Today. Consultado o 25 de decembro de 2007.
- Kellner, Tomas (7 de setembro de 2001). "Survivor". Fortune. Consultado o 30 de agosto de 2005.
- Johnson, Colin (12 de novembro de 2007). "MEMS breed a new batch of consumer-pleasing devices". EE Times. Consultado o 23 de abril de 2020.