Physalis
fisalis (xénero Physalis) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Physalis peruviana | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto. |
Physalis (os fisalis) é un xénero de plantas da familia das solanáceas (familia da tomateira e a pataqueira), nativo das rexións temperadas, cálidas e subtropicais de todo o mundo.
Como ocorre con outras especies e froitas exóticas, os fisalis medran moi ben nas condicións galegas e do norte da península en xeral.
Nomes comúns
[editar | editar a fonte]
Non ten a especie un nome vulgar galego agás o xenérico: fisalis,[Cómpre referencia] xa que non é unha planta europea. No Perú coñécese como "aguaymanto" e "capulí". No Ecuador coma "uvilla", en México co nome de coztomate e en lingua otomí como depe; en Colombia "uchuva".
Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero caracterízase polo seu froito arroibado, amarelento e miúdo, semellante en tamaño, forma e estrutura a un tomate, mais envolto en parte ou completamente por unha casca grande que deriva do cáliz.
O seu cultivo, orixinario de América do Sur, remóntase ao período dos Incas no Perú.
Caracterízase por ser unha baga carnosa, doce e un chisco aceda, bastante zumarenta en forma de globo ou ovoide cun diámetro. O seu peso aproximado varía entre 4 e 7 g de media, está cuberta por un cascabullo formado por cinco sépalos que o abeira de insectos, paxaros, patóxenos e condicións climáticas extremas.
Naturalización
[editar | editar a fonte]En Galiza e cornixa cantábrica cultívase xeralmente coma aproveitamiento marxinal porque medra de xeito doado nos climas frescos e húmidos de influencia mariña. En Asturias atópase incluso como subespontánea.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Unha das principais características do froito son as súas excelentes cualidades nutricionais que foron pouco difundidas, especialmente as súas propiedades de redución de colesterol, o seu alto contido de fibra, vitamina A e apreciado polo seu excelente e alto contido de caroteno e vitamina C, e o seu baixo nivel de calorías. Rico en minerais, especialmente calcio, ferro e fósforo; contén niveis importantes de proteína. Fortalece o sistema inmunitario e a visión, ademais de funcionar como antioxidante. É ademais unha boa fonte de pectina. Outra das bondades do Physalis é a súa gran duración a temperatura ambiente da vida post colleita.

Composición nutricional (100 g de polpa)
[editar | editar a fonte]- Calorías: 54
- Auga g: 79
- Proteínas g: 1,1
- Graxas g: 0,4
- Glícidos: 13,1
- Fibra g: 4,8
- Cinsas g: 1
- Calcio mg: 7
- Fósforo mg: 38
- Ferro mg: 1,2
- Vitamina A (UI):648
- Tiamina mg: 0,18
- Riboflavina mg: 0,03
- Niacina mg: 1,3
- Ácido ascórbico mg: 20
- Polpa g /100 g froita: 70
- Pela/100 g froita: 3,5
- Sementes /100 g froita: 26,5
Usos
[editar | editar a fonte]O seu consumo é en forma natural, en fondos de chocolate, repostaría, xeleas, zumes, xeados, doces, marmeladas, en mollos para carnes brancas e ensaladas e incluso coma decoración de pratos especiais. Internacionalmente considéraselle coma unha froita exótica. Industrialmente fabrícanse marmeladas, néctares, zumes turbios, e conservas con resultados moi satisfactorios, ofrecendo un rendimento de 83 a 86% en polpa.
Especies
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Physalis |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Physalis |