Pica (xénero)
Pica Pegas Rango fósil: plioceno - actualidade [1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pega rabilonga (Pica pica) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
= Pica pica (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Pica é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos, que comprende de tres a sete especies, segundo os autores, denominadas comunmente pegas en galego.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Son córvidos de tamaño mediano, corpo robusto, cola longa e ás curtas, adaptadas especialmente para que o animal manobre con facilidade entre árbores e arbustos. Miden en torno aos 50 cm de lonxitude, dos cales a metade corresponde á súa longa cola.[3]
A diferenza doutros córvidos, ademais da negra presentan gran parte do seu plumaxe de cor branca, especialmente no ventre e nas ás, e algunhas zonas presentan iridiscencias de tons azuis.
Son aves omnívoras.[1] A súa dieta está composta basicamente de froitos, sementes e insectos, aínda que tamén é común velas alimentándose de preas, ovos, polos e aves e mamíferos de pequieno tamaño e, ocasionalmente, tamén de lixo dos vertedoiros (principalmente en inverno, cando escasea o alimento ou é máis difícil de conseguir).
Ao igual que outros xéneros de córvidos está moi estendido, ocupando a maior parte da rexión holoártica, coa excepción do leste de Norteamérica, estndo tamén ausente das zonas máis frías e desérticas.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson, na páxina páxina 30 do volume 1,[4] da súa obra Ornithologie ou méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. A laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. Ouvrage enrichi de figures en taille-douce. Tome I. París: Bauche. (en francés),(en latín)
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Pica, deriva do latín pica,- ae, 'pega'.[5]
Especies
[editar | editar a fonte]Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), recoñécense no xénero tres especies:[6]
- Pica hudsonia (Sabine, 1823) – a pega de Hudson, que habita no noroeste de Norteamérica.
- Pica nuttalli (Audubon, 1837) - a pega de Nuttall, que vive só en California.
- Pica pica (Linnaeus, 1758) - a pega común, a especie de maior área de distribución, xa que está presente na maior parte do paleártico, salvo nos desertos e na tundra.
Porén, investigacións recentes (2003) puxeron en dúbida a taxonomía de Pica.[7] P. hudsonia e P. nuttalli son os parentes máis achegados entre si, e segundo algúns autores serían conespecíficas; pero son especies diferentes. E polo menos a raza coreana de P. pica tamén debería considerarse unha especie separada.
E un estudo de filoxenia molecular publicado en 2018 descubriu que a até daquela chamada pega euroasiática (Pica pica) coprendía varias especies diferentes, incluíndo Pica mauritanica, P. asirensis e P. serica.
Por iso, segundo a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional de 2018, ás tres especies citadas anteriormente débense engadir as catro seguintes:[8]
- Pica mauritanica Malherbe, 1845
- Pica asirensis Bates, 1936
- Pica serica Gould, 1845
- Pica bottanensis Delessert, 1840
Na actualidade (2021), a organización Global Biodiversity Information Facility (GBIF) considera as seguintes oito especies (unha delas extinta, descrita e n 2001):[4]
- Pica asirensis Bates, 1936
- Pica bottanensis Delessert, 1840
- Pica hudsonia (Sabine, 1823)
- Pica mauritanica Malherbe, 1845
- Pica mourerae † Segui, 2001
- Pica nuttalli (Audubon, 1837)
- Pica pica (Linnaeus, 1758)
- Pica serica Gould, 1845
-
Pica pica
-
Pica hudsonia
-
Pica nuttalli
-
Pica mauritanica
-
Pica serica
Paleontoloxía
[editar | editar a fonte]A especie máis antiga do xénero Pica, Pica mourerae, coñécese a partir de fósiles encontrados en estratos do límite plioceno-plistoceno en Mallorca.[1][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Pica Brisson 1760 en Fossilworks.
- ↑ pega, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ 3,0 3,1 Ericson, Per G. P. et al 2005.
- ↑ 4,0 4,1 Pica Brisson, 1760 no GBIF. Consultada o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 305. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Pica Brisson, 1760 no ITIS.
- ↑ Lee, Sang-im et al. 2003.
- ↑ Song, S.; Zhang, R.; Alström, P.; Irestedt, M.; Cai, T.; Qu, Y.; Ericson, P.G.P.; Fjeldså, J. & Lei, F. (2017): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 49 (2): 1-14. (Texto completo).
- ↑ Bartomeu Seguí (2010): "A new species of Pica (Aves: Corvidae) from the Plio-Pleistocene of Mallorca, Balearic Islands (Western Mediterranean). En: Geobios 34 (3): 339–347.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pica |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ericson, Per G. P.; Jansén, Anna-Lee; Johansson, Ulf S. & Ekman (2005): "Inter-generic relationships of the crows, jays, magpies and allied groups (Aves: Corvidae) based on nucleotide sequence data". Journal of Avian Biology 36: 222-234. PDF Texto completo Arquivado 10 de agosto de 2017 en Wayback Machine..
- Lee, Sang-im; Parr, Cynthia S.; Hwang,Youna; Mindell, David P. & Choea, Jae C. (2003): "Phylogeny of magpies (genus Pica) inferred from mtDNA data. Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 250-257. PDF Texto completo.
- Song, G. et al. (2018): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 2018: e01612 Resume.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pica na ADW.
- Pica Brisson, 1760 en Biolib.
- Pica Brisson 1760 en Fossilworks.
- Pica na UICN.
- Pica no NCBI.