Saltar ao contido

Pica mourerae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pica mourerae
Rango fósil: plioceno-plistoceno
(3,6 a 0,781 Ma) [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Vertebrata
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Pica
Especie: P. mourerae
Nome binomial
Pica mourerae
Seguí, 2001 [2]

Pica mourerae é unha especie extinta de ave da familia dos córvidos, que viviu hai uns 2,6 millóns de anos na illa de Mallorca.

Características

[editar | editar a fonte]

Pica mourerae era un córvido de tamaño mediano, parecido ao dunha pega común (Pica pica). O seu tarso-metatarso medía entre 48 e 52 mm, e o seu úmero, de 40 a 41 mm. A proporción de ósos da á e da pata entre si era significativamente menor que nos corvidos europeos de hoxe: tiña as patas máis longas e as ás máis curtas que Pica pica.[2]

Localización e horizonte temporal

[editar | editar a fonte]

Os primeiros fósiles de Pica mourerae encontráronse na cova Pedrera de s'Ònix, no leste de Mallorca. O estrato correspondente está datado na transición do plioceno ao plistoceno temperán, poo tanto ten ao redor de 2,6 millóns de anos. Un fragmento dun úmero, achado na Cova de Son Bauçà, está datado no plistoceno medio, o que ampliaría o horizonte temporal de Pica mourerae, pero a súa condición non permite facer unha asignación específica a unha especie específica. Pica mourerae é a única especie de pega que se encontrou en Mallorca.[3]

Forma de vida

[editar | editar a fonte]

O acortamento dos ósos da á e o alongamento das patas, adaptadas á carreira, poden observarse en moitas aves endémicas das illas. Polo xeral, é unha adaptación a un hábitat limitado ou aos depredadores en gran parte do seu medio ambiente. Isto encontouse en Pica mourerae, que tería uns hábitos máis terrestres que as pegas actuais, pero probabelmente non suporía a perda da capacidade de voar.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Os fósiles coñecidos de Pica mourerae encontráronse durante varias escavacións na década de 1970. Foron atribuídos inicialmente a Pica pica, antes de que Bartomeu Seguí os situara como especie diferente en 2001. Apuntou como xustificación as proporcións diverxentes e varios trazos finos dos ósos, que se desviaban significativamente dos da pega.[5]

Como epíteto específico, elixiu mourerae para honrar os logros da paleontóloga Cécile Mourer-Chauvirés. Mourer-Chauviré descubrira orixinariamente os fósiles de Pica mourerae e contribuíra significativamente ao estudo da vida das aves no plio-plistoceno das illas Baleares.[5]

  1. † Pica mourerae Segui 2001 en Fossilworks.
  2. 2,0 2,1 Bartomeu Seguí (2001): "A new species of Pica (Aves: Corvidae) from the Plio-Pleistocene of Mallorca, Balearic Islands (Western Mediterranean). En: Geobios 34 (3): 339–347.
  3. Seguí 2001, pp. 340-346.
  4. Seguí 2001, p. 344.
  5. 5,0 5,1 Seguí 2001, pp. 340–345.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Seguí, Baromeu (2001): "A new species of Pica (Aves: Corvidae) from the Plio-Pleistocene of Mallorca, Balearic Islands (Western Mediterranean). En: Geobios 34 (3): 339–347.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]