Saltar ao contido

Picafollas boreal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picafollas boreal

en Taipei
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Phylloscopidae
Xénero: Phylloscopus
Especie: Phylloscopus borealis
(Blasius, JH, 1858)
Mapa de distribución do picafollas boreal      Reprodutores      Non reprodutores
Mapa de distribución do picafollas boreal      Reprodutores      Non reprodutores

Mapa de distribución do picafollas boreal      Reprodutores      Non reprodutores
Ovo de Phylloscopus borealis - MHNT

O picafollas boreal[2] (Phylloscopus borealis) é un picafollas moi estendido en bosques de bidueiros ou mixtos preto da auga ao longo da súa área de reprodución en Fenoscandia e o norte do Paleártico. Conseguiu establecerse en América do Norte, reproducíndose en Alasca. Este picafollas é fortemente migratoria; toda a poboación pasa o inverno no sueste asiático. Isto significa que realiza unha das migracións máis longas de calquera ave insectívora do Vello Mundo.

Tradicionalmente incluía poboacións que se reproducían en Kamchatka, as illas Kuriles e o Xapón, pero hai evidencias xenéticas e vocais que suxiren fortemente que debería ser tratado como unha especie separada, e agora son todas consideradas diferentes do Phylloscopus examinandus de Kamchatka, Hokkaido e as Kuriles, e o Phylloscopus xanthodryas do Xapón (excepto en Hokkaido).[3]

O niño fano no chan nun arbusto baixo. Como a maioría dos picafollas do Vello Mundo, este pequeno paxaro é insectívoro.

O seu aspecto é o dun picfollas típico, de cor verde agrisado pola parte superior e branco xiz pola inferior. A súa barra alar única distíngueo da maioría das especies excepto o picafollas verdoso (Phylloscopus trochiloides). É máis grande que esa especie e ten un bico máis pesado e con forma de daga, cunha punta escura na mandíbla inferior. A súa canción é un trilo rápido.

Esta especie aparece como un vagante de outono no oeste de Europa e é anual en Gran Bretaña. Houbo 225 avistamentos confirmados desta ave en Gran Bretaña entre 1958 e 2001.[4]

O nome do xénero Phylloscopus procede do grego antigo phullon, 'folla', e skopos, 'buscador' (de skopeo, 'observar'). O termo específico borealis procede do latín e significa 'do norte'.[5]

  1. BirdLife International (2016). "Phylloscopus borealis" 2016: e.T103845882A87673832. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T103845882A87673832.en. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Alström, P., Ssaitoh, T., Williams, D., Nishiumi, I., Shigeta, Y., Ueda, K., Irestedt, M., Björklund, M., and Olson, U. (2011). The Arctic Warbler Phylloscopus borealis– three anciently separated cryptic species revealed. Ibis 153(2): 395–410
  4. Stoddart, Andy (febreiro de 2003). "From the Rarities Committee's files: The Holme wing-barred Phylloscopus warbler". British Birds 96 (2): 74–78. ISSN 0007-0335. 
  5. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 74, 305. ISBN 978-1-4081-2501-4.