Pierre Bayle
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1647 ![]() Carla-Bayle, Francia ![]() |
Morte | 28 de decembro de 1706 ![]() Rotterdam ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Relixión | Calvinismo e catolicismo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional e filosofía ![]() |
Lugar de traballo | Rotterdam ![]() |
Ocupación | filósofo , crítico literario , teólogo , historiador , xornalista , escritor , catedrático , lexicógrafo ![]() |
Movemento | Escepticismo ![]() |
Alumnos | Christopher I, Burgrave and Count of Dohna-Schlodien (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua francesa e lingua latina ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia![]() | |
Pai | Jean Bayle (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/24/Pierre_Bayle.jpg)
Pierre Bayle, nado en 1647 e finado en 1706, foi un escritor e filósofo francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Carla-le-Comte, preto de Pamiers (Ariège), educouno o seu pai, ministro calvinista, e logo estudou en Puylaurens e en 1669 entrou na Universidade xesuíta de Tolosa, convertido ao catolicismo, dezasete meses despois volveu ao protestantismo e fuxiu a Xenebra, para evitar a persecución debida á revogación do Edicto de Nantes por Lois XIV, alí entrou en contacto coa obra de René Descartes.
Durante anos foi titor de varias familias parisienses baixo o nome de Bèle ata que en 1675 foi nomeado profesor de filosofía na Universidade protestante de Sedan ata que en 1681 quedou suprimida. Nomeado profesor de filosofía e historia na Ecole Illustre en Rotterdam, alí publicou en 1682 Pensées diverses sur la comète de 1680 e a súa crítica do traballo de Louis Maimbourg sobre a historia do calvinismo, que lle deu unha gran reputación en medios calvinistas.
En 1684 comezou a publicación de Nouvelles de la république des lettres, unha gaceta de crítica literaria, que constituíu o primeiro intento de popularizar a literatura. O seu Dictionnaire historique et critique constituíu un precedente de L'Encyclopédie.