Saltar ao contido

Cesare Beccaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCesare Beccaria

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1738 Editar o valor en Wikidata
Milán (Ducado de Milán) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 1794 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Milán (Ducado de Milán) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMojazza Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDucado de Milán Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pavia (pt) Traducir - Juris Doctor Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , criminólogo , xurista , economista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Milán Editar o valor en Wikidata
Membro de
Accademia dei Pugni (en) Traducir (1761–1766) Editar o valor en Wikidata
MovementoItalian romanticism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
LinguaLingua italiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloMarqués Editar o valor en Wikidata
FamiliaBeccaria Editar o valor en Wikidata
FillosGiulia Beccaria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX934658 WikiTree: Beccaria-2 Find a Grave: 185029791 Editar o valor en Wikidata

Cesare Beccaria (15 de marzo de 173828 de novembro de 1794) foi un filósofo, xurista, economista e político italiano coñecido polo seu tratado Dei delitti e delle pene (1764), no cal condenaba a tortura e a pena de morte, e é unha das obras fundadoras da penoloxía.

Nacemento e educación

[editar | editar a fonte]

Naceu en Milán, educouse no colexio xesuíta de Parma, amosou unha grande inquedanza polas matemáticas, pero o coñecemento da obra de Charles de Montesquieu redirixiu a súa atención cara a economía. A súa primeira obra, en 1762, foi un tratado sobre a desorde da moeda nos estados milaneses, cunha proposta para o seu remedio. Beccaria, xunto os irmáns Alessandro e Pietro Verri e outros mozos da aristocracia milanesa formou unha sociedade literaria, chamada "L'Accademia dei pugni".

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Dei delitti e delle pene

[editar | editar a fonte]

Os irmáns Verri e Beccaria comezaron unha importante movemento cultural reformista arredor do xornal Il Caffè, que se publicou no verán de 1764 e durou dous anos, e que estaba inspirada na revista literaria The Spectator de Addison e Steele e representaba un momento cultural enteiramente novo no norte de Italia, coa súa retórica ilustrada e o seu equilibrio entre temas sociopolíticos e literarios introduciron o máis recente pensamento, de Diderot a Voltaire.

Cuberta da edición orixinal de Dei delitti e delle pene.

En 1764 Beccaria deu ó prelo un breve pero celebrado tratado Dei delitti e delle pene, que marcou o cumio da ilustración milanesa. Beccaria argumentou por primeira vez contra a pena de morte, para el o estado non posuía o dereito de quitar vidas e por non ser unha forma nin útil nin necesaria de castigo; avogando pola reforma do sistema penal, establecendo que a xustiza criminal debería estar conformada por principios racionais, reflectindo as conviccións do grupo de Il Caffè. O volume tivo seis edicións nos seguintes dezaoito meses e André Morellet traduciuno ó francés en 1766 incluíndo un comentario anónimo de Voltaire. En 1767 traduciuse ao inglés e posteriormente a moitas outras linguas.

Política e vellez

[editar | editar a fonte]

Os principios ós que apelaba Beccaria eran a razón e o entendemento do estado como unha forma de contrato e, sobre todo, o principio de utilidade, ou a maior felicidade para o maior número. Cos irmáns Verri viaxou a París, onde tivo unha calorosa acollida por parte do grupo coñecido como os philosophes. Porén Beccaria abxurou deste grupo, rompeu cos irmáns Verri e volveu a Italia. As teorías de Beccaria sobre a reforma do código penal non as escoitaron os gobernos do seu tempo pero os seus argumentos utilizáronos os gobernos europeos cando reformaron os seus códigos penais para abolir a pena de morte, o Gran Ducado de Toscana, argumentando a súa falta de utilidade.

En novembro de 1768, Beccaria foi designado para a cátedra de leis e economía, expresamente formada para el, no Colexio Palatino de Milán. As súas leccións en economía política, que se basean estritamente en principios utilitarios seguen as teorías da escola inglesa de economistas, publicáronse no volume Scrittori Classici Italiani di Economia politica, vols. XI e XII).

En 1771, Beccaria entrou no Supremo Consello Económico e en 1791 foi un dos membros do comité para a reforma do código xudicial.