Pierre le Gentilhomme
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1909 |
Morte | 16 de xuño de 1947 (37 anos) Neuilly-sur-Seine, Altos do Sena. |
País de nacionalidade | Francesa. |
Educación | École des Chartes. |
Q89547790 | Presidente da SFN. Director de Revue numismatique. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Pierre le Gentilhomme, nado en Fécamp o 2 de novembro de 1909 e finado en Neuilly-sur-Seine o 16 de xuño de 1947,[1] foi un numismático francés, vinculado ao Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.[2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pierre le Gentilhomme recibiu a súa formación na École des Chartes, onde se graduou en 1931 como arquiveiro paleógrafo,[4] cunha tese sobre a institución dos Monnoyers du Serment de l'Empire no reino de Arles.[2][3]
Esa tese valeulle o seu nomeamento no Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, inicialmente como auxiliar o 1 de novembro de 1932,[3] e máis tarde como titular, o 26 de xaneiro de 1937.[2]
Logo da interrupción da segunda guerra mundial, na que en 1939 foi prisioneiro e logo liberado, o 15 de marzo de 1944 foi nomeado conservador adxunto do Gabinete.[3] Le Gentilhomme foi tamén profesor na École des Chartes, na École des Hautes-Études e no Collège de France.[2][5]
Como numismático, centrou o seu interese nas emisións monetarias dos emperadores romanos do século III, así como nas cuñaxes e a circulación monetaria nos reinos bárbaros de Occidente.[5] Tamén é de salientar a súa colaboración no Manuel de numismatique française, do seu antigo profesor Adolphe Dieudonné.[2]
En 1945 ingresou como membro residente na Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, e tamén foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, entidade que presidiu entre 1944 e 1946. Nesta última, formou parte da tríade de directores da Revue numismatique entre 1945 e 1947, revista na que publicou moitos dos seus artigos.[3][6]
Pierre le Gentilhomme finou en Neuilly-sur-Seine, no departamento de Altos do Sena, o 16 de xuño de 1947, aos 37 anos.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pierre Le Gentilhomme (1909-1947)". BnF Data (Data.bnf.fr).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Babelon, J. (1948). Páxina 177.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Pierre Le Gentilhomme (1909-1947)". En Gallia. Vol. 5. Nº 2. 1947. Páxina 318.
- ↑ 4,0 4,1 "Le Gentilhomme, Pierre Jean Auguste". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 R. L. (1952).
- ↑ 6,0 6,1 Babelon, J. (1948). Páxina 178.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Babelon, J. (1948). "Pierre le Gentilhomme". En Bibliothèque de l'École des chartes. Vol. 107. Nº 1. Páxinas 177-178.
- R. L. (1952). "Pierre le Gentilhomme (1909-1947)". En Revue archéologique. Tomo 39. Xaneiro-xuño. Páxina 101.
- "Pierre Le Gentilhomme (1909-1947)". En Gallia. Vol. 5. Nº 2. 1947. Páxina 318.
Predecesor: Jean Babelon |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1944-1946 |
Sucesor: Henri Longuet |
- Nados en 1909
- Finados en 1947
- Nados no departamento do Sena Marítimo
- Numismáticos de Francia
- Membros da Sociedade Francesa de Numismática
- Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia
- Alumnos da École des Chartes
- Profesores da École des Chartes
- Profesores do Collège de France
- Arquiveiros
- Paleografía