Pieter Saenredam
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1597 Assendelft, Países Baixos (en) |
Morte | 31 de maio de 1665 (67 anos) Haarlem, Países Baixos |
Actividade | |
Lugar de traballo | Haarlem Utrecht |
Ocupación | pintor, debuxante, artista gráfico |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Jan Saenredam |
Descrito pola fonte | The Great Theatre of Dutch Painters (en) , (sec:Pieter Jansz. Saenredam) Nordisk familjebok Het Gulden Cabinet (en) , (sec:Peeter Saenredam gheboren in't jaer 1597 den 9 dach van Junij, binnen het Dorp van Assendelft in't Graefschap van Hollandt, Het Tweede Deel, pag. 246) |
Pieter Jansz Saenredam, nado en Assendelft o 9 de xuño de 1597 e soterrado en Haarlem o 31 de maio de 1665, foi un pintor neerlandés, especializado na pintura de igrexas. Saenredam era o nome naquela altura da actual cidade holandesa de Zaandam.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pieter Jansz Saenredam era fillo do impresor e debuxante de mapas Jan Saenredam, con quen se iniciou na arte. Desde 1612 ata 1622 foi discípulo e axudante do pintor Pieter de Grebber. Logo de 1623 traballou como pintor independente. Despois para o seu amigo, o arquitecto Jacob van Campen, pintou vistas arquitectónicas. No seu repertorio figuran vistas interiores e exteriores de igrexas do Norte holandés. Saenredam viviu en ’s-Hertogenbosch, Assendelft, Alkmaar, Utrecht, Ámsterdam e Rhenen, pero principalmente traballou en Haarlem, onde faleceu en 1665.
Método de traballo
[editar | editar a fonte]Contemporáneo de Rembrandt, é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno coas súas medicións meticulosas e cos esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lapis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores cun intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.
Obras principais
[editar | editar a fonte]Consérvanse en total arredor de 50 pinturas de Saenredam. Velaí as principais:
- Interior da Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) de Haarlem, 1652 (ver imaxe).
- Interior do Coro de Sint Bavokerk (San Bavón) de Haarlem, tinta sobre papel, Schlossmuseum, Weimar.
- Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1628, papel, Museo Real de Belas Artes, Bruxelas.
- Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1630, óleo sobre madeira, Museo do Louvre, París.
- Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1648, óleo sobre táboa, National Gallery of Scotland, Edimburgo.
- Interior de Sint Odulphuskerk (San Olafo) en Assendelft, óleo sobre táboa, Rijksmuseum, Ámsterdan.
- Interior do Coro Sint Bavokerk de Haarlem, 1660, óleo sobre madeira, Worcester Art Museum, Worcester, Inglaterra.
- Interior da Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) de Haarlem, 1652, táboa, Museo Frans Hals, Haarlem
- Interior da Buurkerk (Igrexa Veciñal) en Utrecht, 1644, óleo sobre madeira, National Gallery, Londres.
- Interior de Sint Jacobkerk (Igrexa de Santiago) de Utrecht, 1642, óleo sobre madeira, Alte Pinakothek, Múnic.
- De Buurkerk te Utrecht (A Igrexa Veciña de Utrecht), 1654, óleo sobre madeira, Colección Six, Ámsterdan.
- Interior de Sint Janskerk (Igrexa de San Xoán) de Utrecht, óleo sobre madeira, Museum Boijmans Van Beuningen, Rotterdam.
- Het Oude Raadhuis (A Casa Vella do Concello) en Amsterdam, 1657, óleo sobre madeira, Rijksmuseum, Ámsterdan.
- Interior da Grote Kerk (Igrexa Grande) en Alkmaar, 1661, tinta e acuarela, Graphische Sammlung Albertina, Viena.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pieter Saenredam |