Pigargo europeo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Pigargo europeo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Haliaeetus albicilla' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Verde claro: zona de cría
Azul: zona de invernada Verde escuro: presente todo o ano | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O pigargo europeo[2], comunmente pigargo,[3] (Haliaeetus albicilla) é unha ave rapaz da familia dos Accipítridos.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]É unha aguia de gran tamaño cun enorme peteiro amarelo. A plumaxe é escura, agás a cola e a cabeza que van branquexando conforme ó envellecemento do individuo. A femia é lixeiramente meirande có macho.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A posta consiste en 2-3 ovos, sendo realizada en febreiro ou marzo. Os ovos son chocados por ambos proxenitores durante uns 40 días. As parellas son estables e en ocasións conviven no mesmo territorio varias familias; trátase dunha das aguias máis sociábeis.
Nutrición
[editar | editar a fonte]Ecléctica, dende peixes ata limícolas e anátidos, chegando incluso a capturar cisnes ou grúas. Tamén mamíferos, dende roedores ata crías de cervos, focas ou raposos. É unha especie moi habilidosa na caza, chegando a cazar en grupo.
Distribución
[editar | editar a fonte]Dende o norte e leste de Europa, ata a península de Kamchatka, Anadyr, norte da China e sur de Groenlandia. Na Europa occidental foi exterminada, considerándose a especie extinta en Francia, Italia, na totalidade das Illas Británicas e nas illas do Mediterráneo. En Alemaña estivo a piques de seguir a mesma sorte. Así á comezos do século XX, só había parellas estables na Pomerania e en Mecklemburgo. Grazas ás medidas de protección desenvolvidas ó longo de décadas, conseguiuse estabilizar unha pequena poboación en Schleswig-Holstein. Ademais no 1992 acadouse a primeira cría con éxito na Baixa Saxonia. A comezos do século XXI, estimouse unha poboación estable de preto de 200 parellas en Alemaña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pigargo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pigargo europeo |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pigargo europeo |