Pilarín Bayés
(2013) | |
Nome orixinal | (ca) Pilar Bayés i de Luna |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) María Pilar Bayés de Luna 21 de abril de 1941 (83 anos) Vic, España |
Educación | Real Academia Catalana de Belas Artes de San Jordi |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, ilustración, Caricatura e teatro de fantoches (pt) |
Ocupación | ilustradora, pintora, caricaturista, debuxante de banda deseñada, monicrequeira, debuxante, puppet designer (en) |
Participou en | |
2024 | Gargar Festival (pt) |
Familia | |
Irmáns | Antonio Bayés de Luna |
Parentes | Joaquín Vayreda y Vila, bisavó Antoni Bayés i Fuster, bisavó |
Premios | |
| |
Sitio web | http://www.pilarin.cat |
Pilar Bayés i de Luna, nada en Vic (Barcelona) o 21 de abril de 1941,[1] é unha debuxante e caricaturista catalá, máis coñecida como Pilarín Bayés.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi de Barcelona de 1959 a 1964. Os seus debuxos caracterízanse por un ton infantil e inxenuo, mais ao mesmo tempo cheo de graza e ironía, nun estilo moi persoal. Un trazo típico dos personaxes que debuxa é que todos teñen as fazulas vermellas.[3]
Estivo moi vencellada á revista Cavall Fort, na que colabora desde 1964.[1] Tamén ilustrou numerosos libros de carácter didáctico ou narrativo, e tamén aucas ou carteis, entre outros, como El meu pardal (1964), da editorial La Galera, co apoio da pedagoga Marta Mata i Garriga.[1] Malia a súa obra estar dirixida principalmente ao público infantil e xuvenil, tamén publicou caricaturas en xornais como El Correo Catalán, Oriflama ou El 9 nou.
Está moi vinculada á localidade de Tona (Osona). De nena pasaba alí os veráns no Balneari Ullastres, propiedade da familia. En 2011 ela e o seu irmán, o cardiólogo Antoni Bayés i de Luna, foron nomeados fillos adoptivos da vila.[4]
Pilarín compaxina o seu traballo co compromiso social, político e relixioso. A ilustradora participou activamente coa súa obra no proceso de recuperación da lingua e cultura catalás, menosprezadas polo franquismo. A súa traxectoria fica reflectida no libro da Editorial Mediterrània Pilarín, la força de la il·lusió, e Amb barret o sense, escritos por Maria Àngels Ferrer.
En 2017 formou parte da candidatura de Junts per Catalunya por Barcelona nas eleccións ao Parlamento de Cataluña.[5]
É bisneta do pintor Joaquim Vayreda i Vila e do médico Antoni Bayés i Fuster, cofundador do Balneari Ullastres.[2]
Ten catro fillos (María, Martí, Margarida e Roger) e oito netos.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]Pilarín ilustrou uns 700 libros traducidos a varios idiomas e traballou en formatos moi diferentes, como aucas, carteis ou grandes murais, amais da escultura. Un momento importante na súa vida profesional foi cando comezou a traballar na revista Cavall Fort e na editorial La Galera. Comezou así a transmitirlle o seu amor por Cataluña ao público infantil. Tamén colaborou coas editoriais Narcea, la Gaya Ciència, Casals, Vicens Vives, Abadia de Montserrat, Toray, Claret, Eumo, Edibook, Ediciones Miquel Sánchez e Editorial Mediterrània. Nesta última ilustrou os 285 números da colección Petites Històries.
A maioría dos seus debuxos consérvanse en diferentes museos cataláns, como o Museu Episcopal de Vic, a Biblioteca Museu Víctor Balaguer, o Museu d'Art Modern de Tarragona, o Museu Comarcal de Manresa ou o Museu de la Pell d'Igualada i Comarcal de l'Anoia.[7] Parte da súa colección persoal consérvase no Arxiu Nacional de Catalunya, en concreto, a obra impresa. Inclúe cinco carteis e dezasete aucas de temática moi diversa: festas, conmemoracións ou efemérides de institucións, empresas, personaxes, vilas e cidades, ou actividades como o deporte ou o comercio. Foron entregadas ao arquivo por ela mesma.[8]
- ABCDari per a Adults (2016), con letra de Òscar Dalmau[9][10]
- L'auca de Vic,[11] texto de Joan Sunyol, Ed. Martín Casanovas, 1979
- Auca de Mn. Francesc Vicent Garcia,[12] texto de Joan Vilamala i Terricabras
- Auca dels Altres Catalans, texto de Joan Vilamala, sobre o libro Els altres catalans de Francesc Candel, 2010
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- s/d (finais do século XX) - Remullada popular (debuxo a cor sobre papel), conservado na Biblioteca Museu Víctor Balaguer.[7]
- c. 1983 - Carnestoltes (tinta sobre papel), conservado na Biblioteca Museu Víctor Balaguer. [7]
- 1988 - Cal Boyer (lapis de cores sobre papel), conservado no Museu de la Pell d'Igualada i Comarcal de l'Anoia.[7]
Exposicións
[editar | editar a fonte]En setembro de 2011 inaugurouse no Museu de l'Art de la Pell de Vic a exposición antolóxica Benvinguts al Circ de la Pilarín, un percorrido pola súa traxectoria profesional que percorreu varias cidades.[13][14]
En abril de 2012 inaugurouse no Palau Robert de Barcelona a exposición Pilarín, 50 anos dibuixant per a tots.[15]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Creu de Sant Jordi (1991)[16]
- Premi Serra d'Or (1992)[16]
- Medalla d'Or de la Ciutat de Vic (2011)[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacció osona.com, ed. (1 de febreiro de 2011). "Tona nomena els germans Bayés fills adoptius del municipi".
- ↑ 2,0 2,1 "Ajuntament de Tona" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2010. Consultado o 27 de maio de 2022.
- ↑ Casas, Sònia (xaneiro de 2010). Sàpiens (Barcelona) (núm. 87): p. 15. ISSN 1695-2014. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ Vilaweb, ed. (4 de febreiro de 2011). "Els germans Antoni i Pilarín Bayés nomenats fills adoptius de Tona".
- ↑ "Junts per Catalunya, la llista del PDECat que encapçalarà Puigdemont". VilaWeb. 13 de novembro de 2017.
- ↑ Ara, ed. (25 de setembro de 2021). "Quatre fills, vuit nets i mil llibres: la font de l'alegria de Pilarín Bayés".
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Generalitat de Catalunya (ed.). "Museus en línia. Departament de Cultura i Mitjans de Comunicació de la Generalitat de Catalunya". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 27 de maio de 2022.
- ↑ Arxiu Nacional de Catalunya (ed.). "Fitxa del fons".
- ↑ Dalmau, Òscar (2016). ABCDari per a Adults. Barcelona: Casa Catedral. ISBN 978-84-943860-3-9.
- ↑ Serra, Laura (8 de abril de 2016). "La dibuixant i Òscar Dalmau publiquen l'àlbum ‘Abcdari per a adults': de la A d'‘adulteri’ a la Z de ‘zoofília’". Ara.
- ↑ L'auca de Vic
- ↑ "Auca de Mn. Francesc Vicent Garcia". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2022. Consultado o 27 de maio de 2022.
- ↑ Serra, Laura (28 de setembro de 2011). Ara (Barcelona): p.26. Falta o
|title=
(Axuda); - ↑ Editorial Mediterrània - Obra Social Sant Joan de Déu (ed.). "El premi - Premi Pilarín Bayés".
- ↑ "Exposició "Pilarín, 50 anys dibuixant per a tots"". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2012. Consultado o 27 de maio de 2022.
- ↑ 16,0 16,1 "Pilar Bayés i de Luna". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ L'univers de Pilarín Bayés s'obre a la ciutat de Vic amb un parc infantil inspirat en el conte d'en Patufet a VilaWeb, 5 de setembro de 2013
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- FERRER, M. Àngels. Pilarín: la força de la il·lusió. Barcelona: Ed. Mediterrània, 2007.
- FERRER, M. Àngels; VIDAL, Jaume. Pilarín. Amb barret o sense. Barcelona: Norma Editorial, 2013.
- GUTIÉRREZ, Thaïs. Tot el que hem viscut: converses amb Pilarín i Antoni Bayés de Luna. Barcelona: Columna, 2014.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilarín Bayés |
- Entrevista a Pilarín Bayés i Picanyol no programa Divendres de TV3, 2012
- Capítulo El convidat de Albert Om en TV3 na casa de Pilarín Bayés, 2011.
- Col·lecció de cartells Pilarín Bayés no Arxiu Nacional de Catalunya.