Saltar ao contido

Pimpín real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pimpín real

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Fringilla
Especie: F. montifringilla
Nome binomial
'Fringilla montifringilla'
(Linnaeus, 1758)

O pimpín real (Fringilla montifringilla) é unha ave da familia Fringillidae.

Morfoloxía e Hábitos

[editar | editar a fonte]

A especie caracterízase por posuír un ventre branco, unhas ás escuras cunha franxa alar inferior esbrancuxada e unha superior laranxa, unha cabeza parda e un peteiro amarelo. A súa lonxitude oscila entre uns 14 e 16 centímetros. É menos común có pimpín, máis pódese verse reunido en amplos flocos en Centroeuropa, sobre todo no inverno.

O seu reclamo é duro, nasal; o chío, zumbante, tamén nasal.

O seu niño ten forma de cunca, forrado de liques, codias, raíces e talos, pelo e plumas; alberga de cinco a sete ovos, postos nunha niñada, de maio a xuño.

Aliméntase de insectos e sementes, que captura no chan.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Aniña na Escandinavia, nordés de Europa e en gran parte da Rusia occidental, sendo o seu hábitat predilecto os bosques caducifolios de bidueiros ou os bosques de coníferas. En inverno, realiza migracións masivas do leste cara ao oeste, chegando ata o extremo sur da Península Ibérica. Durante o inverno prefire os bosques de faias, bidueiros e abetos; pode formar grupos, bandadas, enormes: de ducias a millóns de exemplares. Estes grupos buscan lugares illados do vento ou con temperaturas algo máis suaves. Ademais estes grandes grupos melloran a eficiencia á hora de buscar alimento e reducen os riscos ante posibles depredadores. Descoñécense as súas dinámicas migratorias, mais tense observado que adoitan migrar máis cara ó sur en invernos moi fríos, e que as femias e os xuvenís teñen tendencia a chegar a rexións máis meridionais cós machos.[1] Na Península Ibérica chega entre os meses de outubro e marzo. En Galicia, trátase dunha especie regular nos invernos, mais de número escaso. Sendo frecuente que estes individuos se agrupen entre eles ou con outras especies de Frinxílidos, especialmente liñaceiros e pimpíns. Tense observado que en Galicia, a especie conta con máis efectivos nos meses de novembro a decembro, e que prefiren as comarcas agrícolas máis interiores.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Un gran dormidero de pinzón real al sur de los Pirineos. Varios autores. Revista Quercus. Cuaderno 333, Novembro 2013 (en castelán)
  2. XIII Anuario das aves de Galicia 2005. Editado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Edicións Omega ISBN 84-282-1317-8

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]