Pina (filme)
Pina | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pina |
Director | Wim Wenders |
Produtor | Jeremy Thomas |
Guión | Wim Wenders |
Intérpretes | Pina Bausch |
Música | Thomas Hanreich |
Estrea | Festival de Berlín: 13 de febreiro de 2011 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Alemaña |
Xénero | Documental |
Recadación | 14,6 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.pina-film.de/ | |
Pina é un filme documental alemán de 2011 sobre a coreógrafa de danza contemporánea Pina Bausch.[2] Foi dirixido por Wim Wenders.[3] Estreouse fóra de competición na 61ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[4] Durante a preparación do documental, Pina Bausch morreu inesperadamente. Wenders cancelou a produción do filme, mais outros bailaríns do Tanztheater Wuppertal convencérono de facer o filme de tódolos xeitos. Amosa os bailaríns que falan sobre Pina e realizan algunhas das súas pezas máis coñecidas no Tanztheater Wuppertal e en varias localizacións da cidade de Wuppertal.
Pina foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 84ª edición dos premios[5][6] e foi presentado tamén na categoría de mellor documental. En xaneiro de 2012, o filme foi escollido como un dos nove filmes da lista curta para o premio ó mellor filme en lingua non inglesa,[7] mais finalmente non foi noemado. Si foi nomeado na categoría de mellor documental.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Pina (2011)". Consultado o 8 de maio de 2012.
- ↑ Smith, Ian Hayden (2012). International Film Guide 2012. p. 124. ISBN 978-1908215017.
- ↑ indiemoviesonline.com (ed.). "First Berlin 2011 Contenders are Revealed". Consultado o 3 de xaneiro de 2011.
- ↑ Berlinale (ed.). "Berlinale 2011: First Competition Films". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 3 de xaneiro de 2011.
- ↑ Bild.de (ed.). "Pina für Deutschland ins Oscar-Rennen". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2011.
- ↑ oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 14 de outubro de 2011.
- ↑ oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Vie for Oscar". Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pina na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)