Pine Bluff
Lema | «City of Progress» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Arcansas | ||||
County of Arkansas (en) | Condado de Jefferson (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 41.253 (2020) (341,8 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 16.808 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Pine Bluff metropolitan area (en) (Poboación:87.751) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 120,69298 km² | ||||
Auga | 4,3453 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Río Arkansas | ||||
Altitude | 67 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 8 de xaneiro de 1839 | ||||
Evento clave
| |||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 71601–71603, 71601 e 71603 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 870 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Bandō (1989–) | ||||
Páxina web | cityofpinebluff.com |
Pine Bluff é a capital do condado de Jefferson en Arcansas (Estados Unidos). A cidade tiña unha poboación de 49.083 habitantes segundo o censo de 2010 [1]. Localízase na sección sueste do estado, no delta de Arcansas á beira do río Arcansas, a súa topografía é plana, cun gran número de regatos e bayous nos seus arredores. A maior parte da poboación é afroamericana.
Historia
[editar | editar a fonte]No momento da chegada dos europeos o principal pobo nativo da rexión eran os quapaw, algúns comerciantes españois e franceses asentáronse na zona establecendo relacións comerciais e casaron con mulleres indíxenas, un fillo dunha destas relacións, Joseph Bonne estableceuse logo dunhas inundacións en 1819 nun outeiro (bluff en inglés) a uns quilómetros do asentamento quapaw, no lugar no que actualmente se levanta a cidade[2]. A partir de 1824 uníronse outras familias europeas. En 1829 a lexislatura estatal estableceu o condado de Jefferson, establecéndose en 1832 a súa capital no asentamento de Bonne, que a partir de outubro pasou a se denominar oficialmente Pine Bluff Town. Durante a Guerra Civil e como consecuencia da Proclamación de Emancipación na localidade instaláronse moitos refuxiados afroamericanos que fuxían da escravitude imperante na Confederación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Censo de 2010[Ligazón morta]
- ↑ "History of Pine Bluff". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2010. Consultado o 28 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en inglés)