Pioneiras de Ciencias de Lugo
Pioneiras de Ciencias de Lugo | |
---|---|
Autor/a | María Isabel Fernández García |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Tema(s) | científico |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Colectivo Egeria |
Data de pub. | novembro de 2021 |
Páxinas | 220 |
ISBN | 9788409317134 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pioneiras de Ciencias de Lugo é un ensaio de María Isabel Fernández García publicado en 2021 editado polo Colectivo Egeria.[1]
Este libro amosa as traxectorias de 62 mulleres pioneiras na ciencia na provincia de Lugo, entre elas: Manuela Barreiro, primeira alumna na USC e primeira licenciada de Galicia; Ángela Pardo Celada, primeira xinecóloga e primeira doutora en Medicina; Rosa Manuela Torviso Monje, primeira profesora de Ciencias do Instituto de Lugo; Mª Paz Gasalla, primeira oftalmóloga; e María Teresa Fernández Rodríguez, primeira investigadora e profesora auxiliar de universidade.[2]
O libro pretende "Rescatar e poñer en valor a estas pioneiras é contar esa metade da historia que está por contar, así como sentar as bases sobre as que se basearon e desenvolveron os estudos e profesións das mulleres actuais, que nun número pequeno pero importante xa van formando parte do mundo científico e tecnolóxico".[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estas fueron las científicas pioneras de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 30/11/2021. Consultado o 3/1/2022.
- ↑ "Pioneiras". La Voz de Galicia (en castelán). 6/12/2021. Consultado o 3/1/2022.
- ↑ "Pioneiras de Ciencias de Lugo | Colectivo Egeria". colectivoegeria.org. Consultado o 3/1/2022.