Isaura Usero Souto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1913 ![]() O Carballiño, España ![]() |
Morte | 1 de outubro de 2004 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | catedrática de bacharelato ![]() |
Isaura Aurea Usero Souto, nada no Carballiño o 10 de setembro de 1913 e finada o 1 de outubro de 2004 na Coruña,[1] foi unha profesora galega, unhas das primeiras mulleres universitarias de Galicia.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Isaura Usero estudou na Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela en 1929 rematando a súa formación no curso de 1939-40. Pertenceu á Sociedade Española de Física e Química, sendo presentada por Natividad Mejuto e María de la Concepción Carnero no ano 1933.[2]
Foi expedientada polo réxime franquista e posteriormente rehabilitada en 1942.[4] Traballou como profesora na Academia Balmes de Lugo e como profesora de Matemáticas do Instituto Feminino de Bacharelato de Lugo.[4]Fóra de Galicia traballou como profesora de Física e Química do Instituto Masculino de Salamanca nos anos 60.[5] En 1980 obtivo a cátedra de bacharelato da materia de Matemáticas do Instituto da Coruña onde traballou ata a súa xubilación.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández García (2021)
- ↑ 2,0 2,1 Pintos (2016)
- ↑ Galante, Rosa María Cid (2012-09-29). "Historia das nosas mulleres ourensás: Isaura Áurea Soto". Historia das nosas mulleres ourensás. Consultado o 2021-07-12.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 García, María Isabel Fernández; Noya, Ana María González; Maneiro, Marcelino Maneiro; Fórneas, Esther Gómez; Silva, Laura Rodríguez; Méndez, Lara Rouco (2019). "Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias". (Re)construíndo o coñecemento. Universidade de Santiago de Compostela. p. 99–112. ISBN 978-84-9749-758-9.
- ↑ "Orden de 16 de mayo de 1964 por la que se asciende a los Profesores adjuntos numerarios de Institutos Nacionales de Enseñanza Media que se citan a las categorías y con los sueldos que se mencionan.". Boletín Oficial del Estado (en castelán) (52): 8258. 1964-06-25. BOE-A-1964-10239.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pintos Barral, Xoana (2016): As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960.
- Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4