Facultade de Química de Santiago de Compostela
Facultade de Química de Santiago de Compostela | |
---|---|
[[Ficheiro:|200px]] | |
Universidade: | Universidade de Santiago de Compostela |
Localización: | Santiago de Compostela |
Campus: | |
Enderezo: | |
Ano de fundación: | |
Decano: | |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | |
Correo electrónico: | |
Páxina web: | Web oficial |
A Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela é un edificio situado no Campus Sur (ou Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela. Deseñada en 1930 polo arquitecto Jenaro de la Fuente,[1], foi residencia estudantil até que en 1962 pasou a ser a Facultade de Ciencias. Está situada ao pé da Alameda de Santiago de Compostela, na Avenida das Ciencias, s/n.[2].
Até 1962 os estudos de Ciencias impartíanse na actual Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, no antigo edificio da Universidade. A sección de Químicas estaba no terceiro andar, e os laboratorios no faiado.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Universidade de Santiago de Compostela#Historia.
- Véxase tamén: Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.
Tras a expulsión dos xesuítas en 1767 o rei Carlos III concédelle á Universidade de Santiago os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía en Santiago, comezando en 1769 a construción do novo edificio da Universidade, que foi inaugurado en 1805. Coa chegada do século XX rexístrase un aumento no número de alumnos, así como da oferta académica, coa conseguinte dotación de infraestruturas. Remátase en 1901 a ampliación do edificio central da Universidade, e constrúense os edificios da Facultade de Medicina (que, xunto coa de Farmacia, ocupaba o Pazo de Fonseca) co apoio de Eugenio Montero Ríos, a Facultade de Veterinaria (actual sede do Parlamento de Galicia) e o Colexio de Xordomudos (actual sede administrativa da Xunta de Galicia, en San Caetano).[3] O edificio da Universidade central, rematado polas estatuas dos catro benfeitores e, enriba de todo, a escultura de Minerva e as Ciencias, grupo escultórico tallado polo noiés Xosé Ferreiro (1738-1830), que se retirou para ser instalado, en 1962, no novo edificio da Facultade de Ciencias no Campus Sur,[4] daquela coñecido como A Residencia.
Durante a primeira metade do século XX o edificio da Universidade acollía a Facultade de Dereito (na planta baixa), a de Filosofía e Letras (sección de Historia) na primeira planta (onde está tamén o Paraninfo) e a de Ciencias (sección de Químicas) na terceira (e cuxos laboratorios estaban no faiado). Na segunda metade dese século, coas novas construcións no Campus Sur, o antigo edificio central converteuse na actual Facultade de Xeografía e Historia.
O Museo de Historia Natural
[editar | editar a fonte]Ademais, a Facultade albergaba o Museo de Historial Natural "Luís Iglesias". Este museo ten a súa orixe no século XIX cando, no curso 1840-1841, se crea a "Cátedra de Historia Natural" e, asociado a ela, o "Gabinete de Historia Natural", que tiña como principal finalidade a docencia práctica. O seu primeiro director, Antonio Casares Rodríguez, foi quen iniciou o desenvolvemento deste Gabinete, coa recompilación de material existente na Universidade, a creación dun herbario e a recepción de exemplares de minerais doados por profesores e particulares. Diversas compras e doazóns, de coleccións e de exemplares diversos, foron arrequecendo o patrimonio del Gabinete durante a segunda metade do século XIX, especialmente até 1880. Nas dúas últimas décadas deste século, debido ao abandono por parte das autoridades universitarias e políticas, o Gabinete tivo unha época de decadencia, con notábeis perdas do seu patrimonio. A principios do século XX iniciáronse novas melloras e, no ano 1906 o Gabinete pasou á categoría de Museo de Historia Natural. Este Museo chegou a ocupar dúas plantas do antigo edificio da Universidade. No ano 1961 foi trasladado á antiga Facultade de Ciencias, hoxe Facultade de Química, facéndose cargo del o catedrático de Bioloxía e Xeoloxía Luís Iglesias,[5] na honra do cal o Museo leva hoxe o seu nome. Actualmente está situado no parque de Vista Alegre.[6] Este Museo constitúe o conxunto de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia, xa que, entre as coleccións que alberga, destacan as resultantes dos traballos de investigación dos máis importantes naturalistas e científicos galegos dos séculos XIX, XX e da actualidade.[5]
Titulacións impartidas
[editar | editar a fonte]Na actualidade, na Facultade de Química impártense as seguintes titulacións:[7]
- Dobre Grao en Física e en Química
- Dobre Grao en Química e en Bioloxía
- Grao en Química
- Máster Universitario en Química Orgánica
- Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
- Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional
- Máster Universitario en Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais
Equipo decanal
[editar | editar a fonte]O actual equipo de goberno está formado por:[8]
- Decana: Mª del Pilar Bermejo Barrera
- Vicedecano: Pedro Rodríguez Dafonte
- Secretario: Jesús Sanmartín Matalobos
Departamentos
[editar | editar a fonte]Imparten docencia na Facultade docentes dos seguintes Departamentos da USC:[9]
- Bioloxía Funcional
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Botánica
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Economía Aplicada
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Enxeñaría Química
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Física Aplicada
- Física de Partículas
- Fisioloxía
- Matemática Aplicada
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Organización de Empresas e Comercialización
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Química Física
- Química Inorgánica
- Química Orgánica
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nuestra Universidad USC. Facultad de Química.
- ↑ USC. Facultade de Química. Enderezo.
- ↑ USC. Historia da USC.
- ↑ Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias en Memorias de Compostela.
- ↑ 5,0 5,1 USC. Museo de Historia Natural "Luis Iglesias".
- ↑ Museo de Historia Natural de la Universidad de Santiago.
- ↑ USC. Facultade de Química. Estudos.
- ↑ USC. Facultade de Química. Equipo de Goberno.
- ↑ USC. Facultade de Química, Departamentos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro Fernández, Xosé Ramón, ed. (2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela (2 tomos) (en castelán). Santiago de Compostela: USC. ISBN 84-8121-681-X.
- Cabeza de León, Salvador (1946). Fernández-Villamil Alegre, Enrique, ed. Historia de la Universidad de Santiago de Compostela (3 tomos) (en castelán). Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (Consejo Superior de Investigaciones Científicas).
- Universidade de Santiago de Compostela (USC), ed. (1995). Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-304-7.
- Vila Jato, María Dolores, ed. (1996). El Patrimonio histórico de la Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). Santiago de Compostela: USC. ISBN 84-8121-438-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias no blog "Memorias de Compostela". (Neste blog pódense ver dúas fotos da fachada da Facultade de Química).
- Web da USC
- Web de Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional da Universidade de Santiago de Compostela