Pirámide do Sol
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/68/MW-Teotihuacan9.jpg/220px-MW-Teotihuacan9.jpg)
A Pirámide do Sol é o maior edificio de Teotihuacán, e un dos maiores de Mesoamérica. Crese que foi construído arredor do ano 200.[1][2] Situado na avenida dos Mortos, entre a Pirámide da Lúa e a Cidadela, á sombra da montaña Cerro Gordo, a pirámide fai parte dun gran complexo no centro da cidade.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O nome de Pirámide do Sol vén dos aztecas, que visitaron a cidade de Teotihuacán séculos despois de ser abandonada; descoñécese o nome que deron á pirámide os teotihuacanos. Foi construída en dúas fases. A primeira etapa de construción, arredor do ano 200, levou a pirámide case ao tamaño actual. A segunda etapa deu como resultado o seu tamaño completo de 225 metros de largura[4] e 75 metros de altura, o que a converte na terceira pirámide máis grande do mundo,[5] aínda que só con algo máis da metade da altura da Gran Pirámide de Gizeh (146 metros). A segunda fase tamén viu a construción dun altar no alto da pirámide que non sobreviviu aos tempos modernos.
Sobre a estrutura, os antigos teotihuacanos remataron a súa pirámide con xeso de cal importado das zonas circundantes, sobre o que pintaron murais de cores brillantes. Aínda que a pirámide perdurou durante séculos, a pintura e o xeso que xa non son visibles.
Pensouse que na pirámide se veneraba unha deidade dentro da sociedade teotihuacana. Non obstante, hai poucas evidencias que avale esta hipótese.
Dimensión, localización e orientación
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/69/Teotihuac%C3%A1n_-_Modell_Sonnenpyramide.jpg/220px-Teotihuac%C3%A1n_-_Modell_Sonnenpyramide.jpg)
Magnitude | Valor |
---|---|
Altura | 71.17 m |
Perímetro da base | 794.79 m |
Lado | 223.48 m |
Ángulo de inclinación | 32.494 graos |
Superficie lateral | 59213.68 m2 (asumindo unha base cadrada e caras suaves) |
Volume | 1 184 828.31 m3 (asumindo unha base cadrada e caras suaves) |
A pirámide construíuse nun lugar coidadosamente seleccionado, desde onde era posible aliñala tanto co destacado Cerro Gordo ao norte como, en direccións perpendiculares, ao amencer e á posta do sol en datas determinadas, rexistradas por varias orientacións arquitectónicas en Mesoamérica.[6] Toda a parte central da rede urbana de Teotihuacán, incluída a Avenida dos Mortos, reproduce a orientación da pirámide do Sol, mentres que a parte sur presenta unha orientación lixeiramente diferente, ditada pola Cidadela.[7]
A pirámide construíuse sobre un túnel artificial que conducía a unha "cova" situada seis metros baixo o centro da estrutura. Orixinalmente críase que era un tubo de lava formado naturalmente e interpretábase como posiblemente o lugar de Chicomoztoc, o lugar de orixe humana segundo as lendas de Nahua. Escavacións máis recentes suxeriron que o espazo era artificial e puido servir de tumba real. Recentemente os científicos empregaron detectores de muóns para tratar de atopar outras cámaras no interior da pirámide.[8]
Obxectos recuperados
[editar | editar a fonte]Só se atoparon algúns restos de artefactos na pirámide e arredor dela. Descubríronse puntas de frecha de obsidiana e figuriñas humanas dentro da pirámide e atopáronse obxectos similares nas próximas Pirámide da Lúa e Pirámide da Serpe Emplumada na Cidadela. Estes obxectos poden representar vítimas de sacrificio. Un artefacto histórico único descuberto preto do pé da pirámide a finais do século XIX foi o Ocelote de Teotihuacán, que está na colección do Museo Británico.[9] Ademais, atopáronse lugares de enterramento de nenos en escavacións nas esquinas da pirámide. Crese que estes enterramentos formaban parte dun ritual de sacrificio dedicado á construción da pirámide.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Teotihuacan: Pyramids of the Sun and the Moon, Heilbrunn Timeline of Art History, The Metropolitan Museum of Art, consultado o 29 de outubro de 2016
- ↑ "Teotihuacán." Early Civilizations in the Americas Reference Library. Ed. Sonia G. Benson, Sarah Hermsen, and Deborah J. Baker. Vol. 2: Almanac, Vol. 2. Detroit: UXL, 2005. 315–332. Student Resources in Context. Web. 14 Dec. 2014.
- ↑ Batres, Leopoldo. "El “descubrimiento” de la Pirámide del Sol" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "Teotihuacán." Britannica School. Encyclopædia Britannica, Inc., 2014. Web. 9 Dec. 2014.
- ↑ Aston, Michael; Taylor, Tim (1998). Atlas of Archaeology. Dorling Kindersley. p. 43. ISBN 978-0-7894-3189-9.
- ↑ Šprajc, Ivan (2000). "Astronomical alignments at Teotihuacan, Mexico". Latin American Antiquity 11 (4): 403–415. JSTOR 972004. doi:10.2307/972004.
- ↑ Šprajc, Ivan (2001). Orientaciones astronómicas en la arquitectura prehispánica del centro de México. Cidade de México: Instituto Nacional de Antropología e Historia. ISBN 970-18-4180-8.
- ↑ Menchaca-Rocha, A.; et al. (2013). "Search for cavities in the Teotihuacan Pyramid of the Sun using cosmic muons: preliminary results". Proceedings of Science. X LASNP 012.
- ↑ "British Museum Highlights". Arquivado dende o orixinal o 2015-10-18. Consultado o 2017-06-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pirámide do Sol ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Evans, Susan Toby (2004). Ancient Mexico and Central America.
- Gwin, Peter (febreiro de 2005). "Seeing Through Walls". National Geographic.
- Šprajc, Ivan (2000). "Astronomical Alignments at Teotihuacan, Mexico". Latin American Antiquity 11 (4). pp. 403–415.
- Sugiyama, Saburo (2005). "Governance and Polity at Classic Teotihuacan". Mesoamerican Archaeology.
- Leibsohn, Dana, e Barbara E. Mundy, “Making Sense of the Pre-Columbian,” Vistas: Visual Culture in Spanish America, 1520–1820 (2015). http://www.fordham.edu/vistas