Pistola (moeda)

Pistola foi orixinariamente unha denominación dada en Francia (pistole) e en Italia (pistola) á moeda española de ouro con valor de dous escudos e peso de ca. 6,77 gramos cuñada a partir do século XVI. Posteriormente, esta denominación estendeuse a outras moitas moedas europeas de ouro de métrica e valor semellantes, como o luís de ouro (louis d'or) francés, diversas moedas suízas, e dos reinos da Península Itálica, dos estados xermánicos, etc.[1][2][3][4][5][6][7]
Para algúns autores o seu nome deriva do diminutivo da denominación italiana de piastra (piastola).[8][9][10] Para outros, o termo faría referencia ao menor tamaño da moeda española con respecto ás súas correspondentes francesas, do mesmo xeito que a pistola é de menor tamaño que o arcabuz, co que mesmo se lle atribuiría unha intención despectiva.[2]
Algunhas pistolas europeas
[editar | editar a fonte]

Unha das moedas europeas máis salientables á que se lle aplicou esta denominación foi o louis d'or francés, introducido por Lois XIII en 1640.[12][13][14]
Tamén en Irlanda se cuñou en 1646 unha pequena cantidade de pistolas (de 13 xilins) e dobres pistolas (de 26 xilins), no marco das guerras confederadas irlandesas, durante o reinado de Carlos I (1625-1649).[5][15] James Butler, primeiro duque de Ormond, autorizou esta emisión en previsión de que se producisen desercións entre as tropas.[16][17]
Do mesmo xeito, no Reino de Escocia, a pistola escocesa foi unha moeda de ouro cuñada en 1701 durante o reinado de Guillerme III (1694-1702), co valor de 12 libras escocesas.[5][18][19]
No Reino de Prusia cuñouse no século XVIII unha moeda de ouro denominada friedrich d'or ("frederico de ouro"), con valor de 5? táleros prusianos a nome de Frederico II (1746-1786), que tomou como referencia o dobre escudo español e o luís de ouro francés, motivo polo que tamén se coñeceu como pistola.[20] Tamén no Reino de Baviera cuñou a pistola o príncipe Carlos Alberte (1726-1745), como imitación do luís de ouro francés; valía 10 floríns e tamén se emitiu no Palatinado baixo o príncipe elector Carlos Filipe (1716-1742).[9] Noutros estados alemáns emitíronse diversas pistolas co valor de cinco táleros.[5][21]
En Italia, a denominación de pistola atribuíuselle, entre outras, a unha moeda de ouro xenovesa con valor de 50 liras.[22] Cuñáronse tamén moedas con este nome en Parma e en Roma.[23]
En Suíza, a partir de 1562 cuñáronse en Xenebra moedas co valor dun ducado dobre, que se coñeceron, así mesmo, como pistolas.[24][25] Outros estados helvéticos que cuñaron esta moeda foron Uri, Schwyz e Unterwalden.[5]
En Dinamarca denominouse pistola a moeda cuñada entre 1771 e 1870 como imitación do luís de ouro francés.[9]
En Malta, a pistola foi cuñada baixo o gran mestre Manuel Pinto de Fonseca (1741-1773), co valor de 10 escudos, caracterizada pola representación de San Xoán Bautista no anverso e a cruz de Malta no reverso.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pistole1". Frey, A. R. (1916). Páxina 183.
- ↑ 2,0 2,1 "Pistola". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 147
- ↑ "Pistole". Centre National de Ressources Textuelles et Lexicales.
- ↑ "[ [wikisource:1911_Encyclopædia_Britannica/Pistole|Pistole]]". En Encyclopædia Britannica. 1911.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Pistole". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
- ↑ Bodet, P. E. (2014).
- ↑ Shaw, W. A. (1895). Páxinas 87, 131, 167, 203-204, 227, 381-382, 388.
- ↑ "Pistola". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 393.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Klütz, K. (2004).
- ↑ "Pistole". Online Etymology Dictionary.
- ↑ "Coin weight. Unique ID: CAM-D32390". Portable Antiquities Scheme.
- ↑ Shaw, W. A. (1895). Páxina 167.
- ↑ Burton Hobson (1971). Páxina 61.
- ↑ Pond, S. (1940). "The Louis d'Or". En Bulletin of the Business Historical Society. Vol. 14. Nº 5. ^Páxinas 77-80.
- ↑ "Gold pistole of Charles I of Ireland (Charles I of England)". American Numismatic Society.
- ↑ "1 Pistole Ormond money". Numista.
- ↑ "O’Brien Rare Coin Review: The Ormonde Gold ‘Pistole’ of 1646". OldCurrencyExchange.com
- ↑ Lindsay, J. (1845).Lindsay, J. (1845). A view of the coinage of Scotland. Cork. Páxinas 155-156.
- ↑ "Pistole2". Frey, A. R. (1916). Páxina 183.
- ↑ Shaw, W. A. (1895). Páxinas 382 e 388.
- ↑ "1 Pistole - Adolf Friedrich IV". Numista.
- ↑ "Pistola di Genova". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 393.
- ↑ "Pistola di Lucca", "Pistola di Modena", "Pistola di Parma", "Pistola di Roma o papale". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 394.
- ↑ "1 pistole. City of Geneva". Numista.
- ↑ "Pistola di Ginevra o svizzera". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 393.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
- Bodet, P. E. (2014). "La Pistole : l'Euro avant la lettre ?". En Academia.edu
- Burton Hobson (1971). Historic Gold Coins of the World. Littlehampton. ISBN 978-0713705447
- Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50.
- Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8
- Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Roma. Istituto italiano di numismatica.
- Shaw, W. A. (1895). The History of Currency, 1252 to 1896. Londres. Wilson and Milnes.