Plácido Castro Pena
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 ![]() Tabeirós, España ![]() |
Morte | 26 de decembro de 1971 ![]() Tabeirós, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Familia | |
Pai | Serafín de Castro García ![]() |
Irmáns | Manuel Castro Pena ![]() |
Jesús Plácido de Castro Pena, nado en Tabeirós (A Estrada) en 1899 e finado na mesma parroquia o 26 de decembro de 1971, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Serafín de Castro García. Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Colaborou en Diario de Pontevedra. O claustro da Escola Normal acordou outorgarlle o título gratuíto da Fundación Montero Ríos en 1915.[1] Ata que tivo a idade para ser mestre exerceu como axudante na escola do seu pai en Tabeirós. Foi mestre de Vinseiro, onde foi secretario do sindicato Unión de Vinseiro y Cereijo, e foi elixido secretario da Asociación de mestres do partido da Estrada en 1921.[2] En 1923 trasladouse á escola de Tabeirós. Na República foi nomeado presidente do consello local de primeiro ensino da Estrada,[3] e elixido presidente da Asociación Provincial do maxisterio de Pontevedra.[4] Aprobou as oposicións de inspector de ensino primario en 1934 e foi destinado a Ourense.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe territorial de Galicia de Falange Española de las JONS e Delegado da Junta Nacional de Educación en xaneiro de 1937.[5] En 1937 foi separado do servizo,[6] pero volveu ser nomeado inspector. Foi nomeado xefe territorial de Galicia do Servicio Español del Magisterio (SEM).[7] En 1938 acompañou a un grupo de mestres de Ourense a unha viaxe de estudos a Italia.[8] Foi nomeado xefe nacional do SEM en decembro de 1938.[9] Foi nomeado inspector de ensino primario da provincia de Pontevedra en 1946. Dirixiu os Centros de Colaboración Pedagóxica da Estrada. Finou en Tabeirós o 26 de decembro de 1971.[10]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- O 6 de xaneiro de 1935 recibiu, xunto co seu pai Serafín de Castro García, unha homenaxe do Sindicato Cultural Agrario de Tabeirós.[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ribela con María Filloy Trabadell en xaneiro de 1930,[12] e foi pai de Gonzalo, María Azucena, María Sara, María del Carmen, María Alicia e Plácido Castro Filloy.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Noticiero Gallego, 11-11-1915, p. 3.
- ↑ El Noticiero Gallego, 11-3-1921, p. 2.
- ↑ El Emigrado, 16-7-1932, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-4-1933, p. 11.
- ↑ El Compostelano, 7-1-1937, p. 2.
- ↑ Ficha de Plácido Castro Pena
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 27-12-1937, p. 5.
- ↑ La Región, 6-10-1938, p. 2.
- ↑ El Ideal Iallego, 2-12-1938, p. 3.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-1-1972, p. 18.
- ↑ El Emigrado, 16-1-1935, p. 6.
- ↑ El Emigrado, 30-1-1930, p. 2.