Serafín de Castro García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1854 ![]() As Quintas, España ![]() |
Morte | marzo de 1936 ![]() Tabeirós, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre ![]() |
Familia | |
Fillos | Manuel Castro Pena, Plácido Castro Pena ![]() |
Serafín de Castro García, nado nas Quintas (Codeseda, A Estrada) o 6 de outubro de 1854 e finado en Tabeirós en marzo de 1936, foi un mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela. En 1874 foi nomeado mestre da escola de Tabeirós. Cando construíu a súa casa familiar na Consolación trasladou a escola, instalada nun alpendre, aos baixos da súa vivenda. Foi mestre de Manuel Bergueiro e José Fernández da Ponte. Impartiu clases en Tabeirós durante 50 anos. Xubilouse por idade en 1924. Finou na Consolación en marzo de 1936.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- O 6 de xaneiro de 1935 recibiu, xunto co seu fillo Plácido, unha homenaxe do Sindicato Cultural Agrario de Tabeirós.[2]
- O 27 de novembro de 1958 recibiu unha homenaxe póstuma en Tabeirós, coa colocación dunha placa conmemorativa na súa casa da Consolación.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuela Pena Coto, de Tabeirós, e foi pai de Manuel, Ramiro, José, Laurentino, Plácido e Alfonso Castro Pena.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arca, Olimpio (1993). Mestres estradenses que fixeron escola (PDF). Concello da Estrada.