Pluto (manga)
Pluto | |
---|---|
プルートウ (Purūtō) | |
Xénero | Misterio[1] Ciencia ficción Suspense[1] Superheroes[2] |
Manga Pluto | |
Creado por | Naoki Urasawa |
Editor | Big Comic Original |
Publicado en | Shogakukan |
Primeira edición | 5 de setembro de 2003 |
Última edición | 4 de abril de 2009 |
Núm. de volumes | 8 |
Anime Pluto | |
Dirixido por | Toshio Kawaguchi |
Estudio | Studio M2 |
Canle televisiva | Netflix |
Primeira emisión | 26 de outubro de 2023 |
Última emisión | - |
Núm. de capítulos | 8 |
Pluto é unha serie manga xaponesa escrita e ilustrada por Naoki Urasawa. Foi serializada na revista Big Comic Original de Shogakukan dende setembro de 2003 até abril de 2009, cos seus capítulos reunidos en oito volumes tankōbon. A serie está baseada en Astro Boy de Osamu Tezuka, concretamente en "O maior robot da Terra" (地上最大のロボット Chijō Saidai no Robotto?), e recibe o nome do principal malvado. Urasawa reinterpreta a historia como un misterio de asasinato con suspense protagonizado por Gesicht, un detective robot da Europol que intenta resolver o caso dunha serie de mortes de robots e humanos. Takashi Nagasaki está acreditado como coautor da serie. Macoto Tezka, o fillo de Osamu Tezuka, supervisou a serie, e Tezuka Productions figura como cooperante.
Creouse unha serie de anime producida por Genco con servizos de produción de animación de Studio M2, a cal se estreou en Netflix en outubro de 2023.
Pluto foi un éxito da crítica e comercial, gañando varios premios, incluíndo o noveno Premio Cultural Tezuka Osamu, e vendendo máis de 8,5 millóns de copias.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Pluto conta a historia do detective robot Gesicht, da Europol, e os seus intentos de resolver o caso dunha serie de mortes de robots e humanos en todo o mundo onde todas as vítimas teñen obxectos metidos ou colocados pola cabeza, imitando cornos. O caso faise máis desconcertante cando as probas suxiren que un robot é o responsable dos asasinatos, o que sería a primeira vez que un robot mata un humano en oito anos. Os sete grandes robots do mundo (os máis avanzados cientificamente que teñen o potencial de converterse en armas de destrución masiva) parecen ser os obxectivos do asasino, e os humanos asasinados están conectados coa preservación das Leis Internacionais de Robots que outorgan aos robots iguais dereitos.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]Universal Pictures e Illumination adquiriron os dereitos de Pluto en 2010 para a produción dun filme de acción en vivo/CGI.[3] Dende entón non xurdiron novas do proxecto.
Anime
[editar | editar a fonte]En xuño de 2017, anunciouse no Festival Internacional de Cinema de Animación de Annecy unha adaptación anime por parte do Studio M2.[4] En maio de 2022, o fundador de Studio M2 Masao Maruyama confirmou que a adaptación aínda estaba en produción.[5] Toshio Kawaguchi é o director da serie, con Urasawa como asesor creativo. Shigeru Fujita deseñou os personaxes e exerce como director supervisor da animación, e Yugo Kanno compuxo a música. A serie estreouse exclusivamente en Netflix o 26 de outubro de 2023 e consta de oito episodios.[6] Cada episodio foi producido coa axuda doutro estudo e adapta un dos volumes do manga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Official Website for Pluto: Urasawa x Tezuka". Viz Media. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ Thompson, Jason (13 de setembro de 2012). "Jason Thompson's House of 1000 Manga - Pluto". Anime News Network. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de maio de 2022.
- ↑ Manry, Gia (20 de outubro de 2010). "Universal, Illumination Get Film Rights for Urasawa's Pluto Manga". Anime News Network. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 10 de maio de 2022.
- ↑ Sherman, Jennifer (14 de xuño de 2017). "Pluto Anime, New Patlabor EZY Anime Series Projects Revealed". Anime News Network. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2017. Consultado o 10 de maio de 2022.
- ↑ Harding, Daryl (29 de maio de 2022). "Anime Producer Masao Maruyama Confirms Status on the Pluto Anime". Crunchyroll. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2022. Consultado o 28 de outubro de 2022.
- ↑ Pineda, Rafael Antonio (1 de xullo de 2023). "Pluto Anime's New Trailer Reveals October 26 Debut; More Cast, Staff (Updated)". Anime News Network. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2023. Consultado o 7 de xullo de 2023.