Saltar ao contido

Pobo wólof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo wólof
Home wólof en Gambia
Poboación
Poboación total:
~6,2 millóns
Rexións principais:
Senegal Senegal5 689 710[1]
Gambia Gambia287 658[2]
Mauritania Mauritania229 715
Estados Unidos de América Estados Unidos19 000
Aspectos culturais
LinguaLingua wólof, francés, inglés e árabe hassania.
Relixiónislam (sufismo)
Grupos
relacionados
Lebu e serer

Os wólofs,[3] ás veces wolofs,[4] son un grupo étnico de África Occidental que habita no noroeste do Senegal, en Gambia e na costa suroeste de Mauritania. No Senegal, os wólofs son o meirande grupo étnico (~ 39%),[1] mentres que nos outros dous países son minoría.[5] Falan a lingua wólof, unha lingua da pola atlántica da familia níxer-congo.[6]

A súa historia antiga non está clara e está baseada nas tradicións orais que os vinculan cos almorábides. A mención máis antiga ós wólofs é a feita polo navegante e explorador Alvise Cadamosto, que mencionou xefes islámicos wólofs que eran consultados polos conselleiros e divinos musulmáns.[6][7] Os wólofs pertenceron ó Imperio Wólof da rexión de Senegambia.[7]

  1. 1,0 1,1 Senegal Arquivado 31 de agosto de 2020 en Wayback Machine., CIA Factbook; Wolof 38.7% of 14.32 million
  2. adherents.com: Wolof Arquivado 01 de xullo de 2017 en Wayback Machine.
  3. González González, Manuel (ed.). "Wólof". Tergal. Consultado o 31/12/2024. 
  4. Definición de wolof no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 David Levinson (1996). "Wolof". Encyclopedia of World Culture, Volume 9: Africa and the Middle East. G.K. Hall. ISBN 978-0-8161-1808-3. 
  7. 7,0 7,1 Nehemia Levtzion; Randall Pouwels (2000). The History of Islam in Africa. Ohio University Press. pp. 78–79. ISBN 978-0-8214-4461-0.