Saltar ao contido

Polícrates (escultor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPolícrates
Biografía
Actividade
Ocupaciónescultor , bell founder (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Polícrates (en latín Polycrates, en grego antigo Πολυκράτης) foi un escultor grego que Plinio o Vello menciona como un dos que fixeron athletas et armatos et venatores sacrificantesque (atletas e armados e cazadores e sacrificantes)[1].

Un fragmento dun Hermes na Vila Mattei leva a inscrición (parcialmente mutilada): ΤΙΜΟΘΕΟΣ ΑΘΗ... ΠΟΛΓΚΡ......, sobre o que se construíu a hipótese de que era ateniense e contemporáneo de Timoteo e que o Hermes era unha copia dunha estatua de bronce de Timoteo. A inscrición completa sería Τιμόθεος ̓Αθηναι̂ος ἀνέθηκε, Πολυκράτης ἐποίει (Timoteo o ateniense dedicouna, Polícrates fíxoa) [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Naturalis Historia XXXIV, 8. s. 19. § 34
  2. Polycrates en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 460