Polígono industrial de Bergondo
Polígono industrial de Bergondo | |
---|---|
![]() Empresas do polígono | |
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 1990 |
En | Bergondo |
País | Galicia |
43°18′28″N 8°15′52″O / 43.307777777778, -8.2644444444444 | |
Na rede | |
https://www.poligonobergondo.com/web/index.aspx | |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/60/Tapa_de_rexistro_do_pol%C3%ADgono_industrial_de_Bergondo_en_So%C3%B1eiro%2C_Sada_-_auga.jpg/220px-Tapa_de_rexistro_do_pol%C3%ADgono_industrial_de_Bergondo_en_So%C3%B1eiro%2C_Sada_-_auga.jpg)
O polígono industrial de Bergondo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello de Bergondo.
Historia e descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dun polígono industrial promovido pola SEPES e inaugurado en 1990. Conta cunha superficie total de 882.000 metros cadrados, dos que 649.010 son dedicados a parcelas.[1]
Segundo o portal web da comunidade de propietarios do polígono este está dividido en 246 parcelas que acubillan 294 empresas, dando emprego a uns 4.000 traballadores/as.
En 2004 foi inaugurado o edificio multiúsos que se emprega, entre outros, para cursos de formación.[2]
No ano 2009, o goberno de Portugal vetou o traslado a Bergondo dunha das maiores plantas de Europa de paneis solares.[3] Ese mesmo ano, abriu un club de pádel, o primeiro de Galiza adaptado para persoas con minusvalías físicas e psíquicas.[4]
A finais da primeira década do século XXI, Bricoking mudou a súa sede ao emblemático edificio Utande, semiintegrado nos lindes do polígono após a construción deste último.[5]
Accesos
[editar | editar a fonte]Estradas e autoestradas
[editar | editar a fonte]Transporte público
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Polígono industrial de Bergondo, (A Coruña)". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ "Bergondo inaugura un centro multiusos en el parque empresarial". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-23. Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Costas, Lui. "Portugal veta el traslado a Bergondo de la mayor planta europea de paneles solares". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Burón, Viviana. "El deporte de moda llega a Bergondo". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ "Bricoking invertirá diez millones de euros". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-03-20. Consultado o 2017-05-01.