Saltar ao contido

Pola de Siero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPola de Siero
Imaxe

Localización
Mapa
 43°23′28″N 5°39′40″O / 43.39122, -5.66099
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloSiero Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación12.778 (2017) Editar o valor en Wikidata (3.407,47 hab./km²)
Número de fogares4.904 (2001) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie3,75 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Nora (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude213 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
Código INE33066220000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX5323362

Pola de Siero[1], A Pola de Siero[Cómpre referencia] (en asturiano e oficialmente La Pola Siero[2]) é unha parroquia do concello asturiano de Siero, España, e unha vila de devandita parroquia. A vila é a capital do concello. No ano 2014 contaba cunha poboación empadroada de 12 755 habitantes.[3] Pola de Siero está situada no centro do municipio, estando este este no centro de Asturias, e en particular na área metropolitana da Cidade Astur, a cal conta con máis de 800.000 habitantes. Rodeada de importantes comunicacións como a autovía A-64 que a comunica coa capital do Principado en só 10 minutos (15 Km); tamén 45 minutos do oriente asturiano, cabendo destacar que se atopa moi preto de todos os polígonos industriais do centro de Asturias. Tamén pasa polo seu perímetro a AS-1 (Autovía mineira) que a comunica con Xixón noutros 15 minutos (dista 16 Km) e noutros 15 minutos das Concas do Nalón e do Caudal.

Parque da Pola

É unha das poucas zonas de Asturias, xunto con Oviedo e Xixón, que segue a gañar poboación, a pesar da drástica caída da natalidade asturiana, deixando en niveis moi baixos a taxa de mantemento da poboación (aproximadamente, un terzo desta).

Entre as súas festividades destacan as do Carmín (luns seguinte á festividade da Virxe do Carmen, en xullo), Comadres (xoves previo ao mércores de cinza) e Güevos Pintos (martes seguinte ao domingo de Pascua). Ademais, a fin de semana previa ao martes de Pascua celébrase un Mercado Tradicional.

O casco antigo da Pola de Siero aínda conserva zonas arquitectónicas tradicionais que resultan atractivas para o turismo da vila.

  1. Biografía de Camilo González Suárez-Llanos, Academia.gal
  2. "Decreto 104/2009, de 29 de julio, por el que se determinan los topónimos oficiales del concejo de Siero" (PDF). BOA. Oviedo. 11 de agosto. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de decembro de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  3. "Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional a 1 de enero. A Pola de Siero". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 07 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Páxina do Concello de Siero