Polonia Nova
Polonia Nova (en polaco: Młoda Polska) é un período modernista da arte, da literatura e da música polaca que cubriu dende 1890 ata 1918. Foi o resultado da forte oposición ás ideas do positivismo e promoveu as características da decadencia, do neo-romanticismo, do simbolismo, do impresionismo e do Art Nouveau.
Historia
[editar | editar a fonte]O termo foi coñecido despois dun dos manifestos de Artur Górski. O manifesto foi publicado no diario Życie ("A Vida"), con sede a Cracovia, no ano 1898 e foi inmediatamente aceptado en todas as partes da Polonia dividida, como analoxía a outros termos parecidos como Alemaña Nova, Bélxica Nova, Escandinavia Nova, e así sucesivamente.
Literatura
[editar | editar a fonte]A literatura polaca do período foi baseada sobre dúas concepcións principais:
- A primeira concepción foi a típica desilusión modernista sobre a burguesía, o seu modo de vivir e a súa cultura. Os artistas que seguiron esta concepción creron tamén na decadencia, no fin de toda a cultura, no conflito entre os homes e a súa civilización, e na concepción da arte como valor supremo (en lingua latina: ars gratia artis). Entre outros autores salientan Kazimierz Przerwa Tetmajer, Stanisław Przybyszewski, Wacław Rolicz-Lieder e Jan Kasprowicz.
- A segunda concepción foi a continuación do romanticismo, e por esta causa é chamada neo-romanticismo. O grupo de escritores que perseguiu esta idea foi menos organizado e os escritores os mesmos cubriu unha vasta gama de temas nas súas escrituras: desde o sentido da misión do polaco na prosa de Stefan Żeromski ata desigualdade social descrita por Władysław Reymont e Gabriela Zapolska, ata crítica da sociedade polaca e ata historia de Polonia de Stanisław Wyspiański.
Outros importantes escritores do período foron:
- Wacław Berent
- Jan Kasprowicz
- Jan Augustyn Kisielewski
- Antoni Lange
- Jan Lemański
- Bolesław Lleśmian
- Tadeusz Miciński
- Andrzej Niemojewski
- Franciszek Nowicki
- Władysław Orkan
- Artur Oppman
- Włodzimierz Perzyński
- Tadeusz Rittner
- Wacław Sieroszewski
- Leopold Staff
- Kazimierz Przerwa-Tetmajer
- Maryla Wolska
- Tadeusz Boy-Żeleński
Música
[editar | editar a fonte]Na música, o termo Polonia Nova é aplicado a un grupo informal de compositores que inclúe Karol Szymanowski, Grzegorz Fitelberg, Ludomir Różycki e probablemente tamén Mieczysław Karłowicz. Este grupo actuou baixo a forte influencia do neo-romanticismo da música, e particularmente de compositores estranxeiros como Richard Strauss e Richard Wagner. Os compositores tiveron fortes ligazóns co Grupo dos Cinco, un grupo de compositores rusos que incluíu a Modest Musorgskii, Aleksandr Borodin e Nikolai Rimskii-Korsakov.
Arte
[editar | editar a fonte]No período da Polonia Nova non hai grandes correntes artísticos na arte polaca. Os pintores e os escultores quixeron continuar coa tradición romántica, introducindo novos modos de expresión xa populares no estranxeiro. A corrente máis influínte foi a Art Nouveau, mesmo se os artistas polacos comezaron a ir en busca tamén de novas formas de estilo nacional. Sexan a escultura que a pintura do período foi gravemente influídos por todas as formas do simbolismo.