Ponte Oudemanhuisbrug (Delft)
Ponte Oudemanhuisbrug | |
---|---|
A ponte Oudemanhuisbrug sobre a canle Voldersgracht | |
Edificio | |
Tipo | Ponte de arco |
Sistema estrutural | Arco de cachotaría |
Enderezo | Oude Manhuissteeg, Delft |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′44″N 4°21′34″L / 52.01228, 4.35946 |
Uso(s) | Comunicación entre ambas as beiras da canle. |
Construción | |
Construción | Descoñecido |
Remodelación | 1885 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Oudemanhuisbrug é unha ponte de arco de pedra de cachotaría que une as dúas beiras da canle Voldersgracht, na zona vella da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
A ponte foi declarada monumento nacional (Rijksmonument) en 1967.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Fronte a esta ponte construírase en 1411 un fogar de anciáns denominado Oudeman huis ("Casa do vello"), que lle deu o nome á ponte e á rúa que pasa por ela.
Xa no século XVII estableceuse ao pé da ponte, na beira oeste da canle, o gremio de artistas e artesáns de San Lucas, a zona onde pasou a súa vida e onde estableceu o seu estudio o pintor Johannes Vermeer, nado en Delft e moi vinculado a esta cidade.
Descoñécese a data de construción da ponte, aínda que hai datos de que en 1885 tivo unha ampliación.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oudemanhuisbrug in Delft". En Rijksmonumenten.nl (en neerlandés)
- ↑ "Oudemanhuisbrug over Voldersgracht t.o. oudemanhuissteeg, Delft". En Drimble.nl (en neerlandés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte Oudemanhuisbrug |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Visser. Delfts Bruggen. Waltman. Delft. 1957.
- Delft over bruggen. Deltech. Delft, 1997, Páxina 110. [ISBN 9075095341]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catalogación do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)
- Localización das pontes de Delft en Google.com