Canle Voldersgracht (Delft)
Tipo | canle rúa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Batán ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Delft, Países Baixos ![]() | |||
Localización | Voldersgracht, Delft ![]() | |||
| ||||
Voldersgracht (en galego: "canle dos batáns") é unha das canles máis antigas da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que se remonta, polo menos, ao ano 1348.
Ten como particularidade, con respecto ás demais da cidade, estar flanqueada por unha rúa nunha das súas beiras e por vivendas que dan directamente á auga na outra.
A Voldersgracht corre en paralelo ao lado norte da Gran Praza (Markt) entre a praza Cameretten e a canle Vrouwjuttenland.
Debe o seu nome aos batáns (neerlandés: volders) que había na contorna durante a Idade Media, que vertían na canle os refugallos da súa actividade.[1]
Relación con Johannes Vermeer
[editar | editar a fonte]Estímase que nos arredores desta canle debeu ser onde o pintor Johannes Vermeer, moi vinculado á vila de Delft, tiña o seu estudio. A súa pousada estaba, ademais, entre a esta canle e a Gran Praza.
O gremio de pintores, artistas e artesáns de San Lucas, ao que Vermeer estaba moi vinculado, estaba tamén na canle Voldersgracht. O antigo edificio do gremio, que foi reconstruído en 2006, serve hoxe como sede do Centro Vermeer de Delft, centrado na vida e a obra do pintor.[2]
Pontes
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Delft_-_voetgangersbrug_Bonte_Ossteeg_%28Voldersgracht%29.jpg/220px-Delft_-_voetgangersbrug_Bonte_Ossteeg_%28Voldersgracht%29.jpg)
Catro pontes cruzan esta canle. Son, de oeste a leste, as seguintes:
- Warmoesbrug
- Kaakbrug
- Kruyersbrug
- Oudemanhuisbrug
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Toen in Delft: de Voldersgracht in 1898". En Inde buurt.nl. (En neerlandés)
- ↑ "Vermeer's Delft Today: The Flying Fox on Voldersgracht". En Essentialvermeer.com. (En inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canle Voldersgracht ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Voldersgracht. En Exploringdelft.com (en inglés)