Saltar ao contido

Ponte da Misericordia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte da Misericordia
Localización
Coordenadas43°39′46″N 7°35′51″O / 43.662773, -7.59759
Ríoría de Viveiro
ConcelloViveiro
ProvinciaLugo
Características
MaterialPedra

A ponte da Misericordia é unha construción sobre a ría de Viveiro, entre a Porta de Carlos V e a capela da Misericordia, da que recibe o nome.

A actual ponte foi edificada no século XV, durante o reinado de Henrique IV de Castela[1], no lugar doutra ponte construída durante a dominación romana

A construción do século XV tiña 12 arcos, de medio punto os dos extremos, e oxivais os dez do medio, para dar convexidade á calzada. Destes 12 arcos consérvanse na actualidade 9, xa que houbo diversas transformacións posteriores para adaptar a ponte ás novas necesidades.

  1. Testamento do veciño de Viveiro Xoán Veloso, que en xaneiro de 1462 deixaba un donativo para a construción da ponte: Item mando a obra da ponte de Viveiro des maravedís; Folletín El Eco de Vivero, ano 3.