Ponte da Ramallosa
Ponte da Ramallosa | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | ponte en arco e ponte románica ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Nigrán | |||
Parroquia | A Ramallosa ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A ponte da Ramallosa é unha construción románica sobre o río Miñor, entre as parroquias da Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona).
Historia
[editar | editar a fonte]
Segundo a tradición, a ponte foi mandada construír no século XIII por Pedro González Telmo[1], bispo de Tui, despois da fundación da vila de Baiona por Afonso IX (rei de León e Galicia) en 1201. Posiblemente con anterioridade houbera outra ponte, pola que discorría a vía romana XX (per loca maritima) do itinerario de Antonino.
A ponte, de 36 m, ten 10 arcos, algúns apuntados e outros de medio punto, con luces de entre 3 e 5,5 m. Os piares teñen un espesor bastante uniforme, próximos aos 5 m. Os tallamares, situados a ambos os dous lados, son apuntados de planta triangular, formando uns apartadoiros ao nivel da calzada.
Ten un perfil lixeiramente alombado cunha suave pendente. A calzada está pavimentada con lousas irregulares de pedra. A anchura entre os peitorís varía entre 3,17 e 3,37 m. O peitoril actual é baixo, formado por unha soa fiada de cachotes.
Nun dos piares centrais hai un pequeno altar cun cruceiro, que ten na columna unha imaxe de San Telmo e unha escena dunhas ánimas queimándose no purgatorio.
A carón da ponte celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade[1]. Segundo a tradición, a muller que non lograba ter fillos debía verter sobre o seu ventre auga do río. Para que este conxuro fora efectivo debía realizarse ás 12 da noite e, ademais, o padriño da criatura debía ser a primeira persoa que atravesase a ponte logo de realizar o rito.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Vaqueiro, V. (1998): Guía da Galiza máxica. Ed. Galaxia. Páx. 211. ISBN 9788482882055.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ponte da Ramallosa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Ponte da Ramallosa en Turgalicia.