Río Miñor
Aparencia
| ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España | |||
Localización | Serra do Galiñeiro | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España | |||
Localización | baía de Baiona | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 16 () km | |||
O Miñor é un río pequeno, de 16 km de lonxitude, que morre na estrema común dos concellos de Nigrán e Baiona, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa e San Pedro da Ramallosa.
En Ramallosa ten unha importante ponte do románico tardío que une os concellos de Baiona e Nigrán. Augas arriba está a ponte de Mañufe.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nace na serra do Galiñeiro, a 400 m de altitude. Decorre polo val do seu mesmo nome: o Val Miñor, que ademais dos concellos mencionados comprende o de Gondomar, en cuxo territorio ten o nacente este río. O seu principal afluente é o río de Zamáns.
A súa desembocadura é unha marisma, A Ramallosa, que está dentro da rede Natura 2000, polo seu alto valor ecolóxico, debido especialmente á variedade ornitolóxica que presenta.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Esteiro do río Miñor.
-
Esteiro do río Miñor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Miñor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Miñor". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Alonso Rodríguez, Eliseo (2005). "MIÑOR". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.