Saltar ao contido

Porta de Zungaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPorta de Zungaria
Imaxe
Tiporail mountain pass (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deFronteira Cazaquistão-China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBole, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°21′N 82°25′L / 45.35, 82.42
CordilleiraMontañas Altai Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude470 m Editar o valor en Wikidata
Localización da porta de Zungaria.

A porta de Zungaria,[1] tamén coñecida como paso de Alataw, ou Alashankou (en chinés 阿拉山; en pinyin Ālāshānkǒu), é un porto de montaña fronteirizo localizado entre a República Popular da China (en Sinkiang), ao leste, e a República de Kazakhstán (provincia de Almati), ao oeste.

Encóntrase ao sueste do lago Alakol, do lado casaco, e ao noroeste do lago Aibi, de lado chinés. Como paso fronteirizo con estrada e ferrocarril, conecta a ambos os países. Considérase o segundo paso fronteirizo terrestre da China, despois do de Manzhouli, na Mongolia Interior.[2]

A porta de Zungaria corta as montañas de Zungaria (as montañas Altai e as do Tian Shan), permitindo o paso entre ambos os lados, polo que se describiu como «a única porta de paso na longa muralla montañosa que se estende entre Manchuria e Afganistán».[3]

Nas súas Historias, Heródoto menciona informes de viaxeiros sobre unha terra ao nordeste, na que grifóns gardaban tesouros de ouro e na que vivía o deus Boreas, creador dos ventos do norte que barrían Grecia.

Diversos autores, como Carl Ruck,[4] J. D. P. Bolton,[5] e Ildikó Lehtinen,[6] especularon que esa terra mencionada por Heródoto se tratara da actual Zungaria, e que a orixe dos grifóns mitolóxicos fose o descubrimento de fósiles de protoceratops,[7] abundantes na rexión e que a mítica rexión hiperbórea cos seus pacíficos e civilizados habitantes, tería sido a antiga civilización chinesa.

  1. "Puerta de Dzungaria" (en español). MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2009. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  2. "Alashankou Port" (en inglés). Xinjiang Capital Attraction Network. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2009. 
  3. Carruthers, Douglas (2013): Unknown Mongolia. Volume 1. A Record of Travel and Exploration in North-West Mongolia and Dzungaria. TheClassics.us. ISBN 978-1-2304-1630-4.
  4. Wasson, R. G. (2012): Persephone's Quest: Entheogens and the origins of Religion. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 978-0-3000-5266-4.
  5. Bolton, J. D. P. (1962): Aristeas of Proconnesus. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1981-4332-1.
  6. Traces of the Central Asian culture in the North: Finnish-Soviet Joint Scientific Symposium held in Hanasaari, Espoo, 14–21 January 1986. Helsiki: Suommalis-Unrilainen Seura. ISBN 978-9-5194-0302-1.
  7. Mayor, Adrienne (2001): The first fossil hunters: paleontology in Greek and Roman times. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-5863-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]