Portal:Bután/Artigo destacado/2
O Druk Gyalpo (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་པོ་; literalmente "Rei Dragón" ou o Rei de Bután) é o xefe de estado do Reino de Bután. En lingua dzongkha, Bután é coñecido como Drukyul, que quere dicir "A terra do dragón do trono". Deste xeito, os reis de Bután son coñecidos como Druk Gyalpo ("Rei Dragón"), e os butaneses chámanse a si mesmos drukpa, que quere dicir "pobo do dragón".
O actual gobernante de Bután é Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, o quinto Druk Gyalpo. Leva a Coroa do corvo, que é a coroa oficial que levan os reis de Bután. O seu tratamento é de "Mi'wang 'Ngada Rimboche" ("A súa Maxestade") e como "'Ngada Rimboche" ("A vosa Maxestade").
O rei Jigme Khesar é o segundo monarca máis novo do mundo. Ascendeu ó trono o 6 de novembro de 2008 despois de que o seu pai, Jigme Singye Wangchuck, abdicase no seu favor.
Os Reis Dragón de Bután:
- Ugyen Wangchuck (Primeiro Druk Gyalpo)
- Jigme Wangchuck (Segundo Druk Gyalpo)
- Jigme Dorji Wangchuck (Terceiro Druk Gyalpo)
- Jigme Singye Wangchuck (Cuarto Druk Gyalpo)
- Jigme Khesar Namgyel Wangchuck (Quinto Druk Gyalpo)