Portal:Gales/Lugar de interese/Arquivo
Aquí están todos os lugares de interese destacados no portal Gales:
O sendeiro da costa de Gales (galés: Llwybr Arfordir Cymru) é un paseo de longa distancia que percorre toda a liña costeira de Gales. Foi inaugurado o 5 de maio de 2012, e comprende 1.400 km de camiño entre Chepstow, no sur, ata Queensferry, no norte.
Gales é o primeiro país do mundo en ofrecer unha ruta ó longo de toda a súa costa. O sendeiro pasa por once Reservas Nacionais da Natureza e outras reservas, como as controladas por The Wildlife Trusts ou a Royal Society for the Protection of Birds (RSPB). Lonely Planet calificou a costa de Gales no primeiro lugar na súa clasicafición das 10 mellores de 2012.
O sendeiro da costa de Gales foi inaugurado o 5 de maio de 2012 como o primeiro sendeiro costeiro do mundo en cubrir toda unha nación.
Powys é unha autoridade unitaria de Gales (Reino Unido), e tamén un condado preservado. Foi establecido pola división administrativa o 1 de abril de 1974. Foi formado polos antigos condados de Montgomeryshire e Radnorshire, engadido á maioría do condado de Brecknockshire e un pouco do antigo Denbighshire. As súas fronteiras correspóndense aproximadamentre coas do reino de Powys medieval. É o único condado preservado que non se dividiu en 1994, e tamén o máis grande no país.
Como condado preservado, limita ao norte con Clwyd, ao noroeste con Gwynedd, ao oeste con Dyfed, ao suroeste con Glamorgan do Oeste, ao sur con Mid Glamorgan e ao sueste con Gwent. Coas novas áreas principais, ten fronteiras ao norte con Wrexham County Borough e Denbighshire, ao noroeste con Gwynedd , ao oeste con Ceredigion e Carmarthenshire, ao sur con Neath-Port Talbot, Merthyr Tydfil, Caerphilly e Blaenau Gwent, e ao sueste con Monmouthshire. Limita tamén cos condados ingleses de Shropshire e Herefordshire.
A capital de Powys é Llandrindod Wells, pero a súa localidade máis grande é Y Drenewidd (Newtown). A poboación en Powys foi estimada en 2010 como 131.000. A densidade de 25 por quilómetro cadro é a máis pequena en Gales. O 30,1% de Powys pode falar, escribir ou ler o idioma galés.
Llyn Ogwen (en pronuncia inglesa /ˈlɪnˈɒɡwɛn/ ; en pronuncia galesa /ɬɪn 'ɔgʊɛn/) é un lago de orixe glaciar, con forma de cinta (ribbon lake), no noroeste de Gales.
Atópase xunto á estrada A5 entre dúas cordilleiras de Snowdonia: Carneddau e Glyderau. De forma algo infrecuente, o límite do condado nese punto está debuxado de xeito que o propio lago se atopa no condado de Gwynedd, pero toda a terra circundante (excluíndo a saída) atópase no condado de Conwy.
Llyn Ogwen atópase a unha altura duns 310 metros sobre o nivel do mar e ten unha superficie de 78 acres (320 000 m2), pero é un lago moi pouco profundo, cunha profundidade máxima de só algo máis de 3 metros. É alimentado por unha serie de regatos das ladeiras das montañas que o rodean, que inclúen Tryfan e Pen yr Ole Wen. O maior destes regatos é Afon Lloer, que nace de Ffynnon Lloer.
Llyn Ogwen é a fonte do Afon Ogwen que flúe cara ao norte para chegar ao mar preto de Bangor. Construíuse un encoro en Afon Ogwen, no Ogwen Bank, a principios do século XX, para elevar o nivel do río co fin de proporcionar auga para o seu uso na próxima canteira Penrhyn. O lago é popular entre os pescadores e dise que contén excelentes troitas.