Portal:Historia/Efemérides destacadas/14 de abril
Aparencia
- 69, Vitelio, capitán de fragata das forzas do Rin, derrota ao emperador Otón na batalla de Bedriacum e ocupa o trono.
- 193, Septimio Severo é proclamado emperador romano polo exército en Illyricum (nos Balcáns).
- 1126, nace Averroes, médico e filósofo árabe.
- 1204, nace Henrique I, rei de Castela.
- 1578, nace Filipe III, rei de España.
- 1639, na batalla de Chemnitz as forzas suecas derrotan ás saxoas e imperiais.
- 1849, Hungría autoproclámase independente de Austria con Lajos Kossuth.
- 1931, proclámase a II República Española, abandonando o rei Afonso XIII o país.
- 1931, Francesc Macià proclama a República Catalá, trala maioría obtida por Esquerra Republicana de Catalunya nas eleccións.
- 1988, nunha reunión das Nacións Unidas celebrada en Xenebra, a Unión Soviética asina un acordo comprometéndose a retirar as súas tropas de Afganistán.