Portal:Pobos indíxenas de América/Biografía destacada/10
Tȟatȟáŋka Íyotake (en lakota [tˣatˣãka ɪjotake] (AFI)) ou, de xeito simplificado, Tatanka Iyotake; máis coñecido como Touro Sentado (do inglés: Sitting Bull), nado en 1831 e finado en 1890, foi un xefe indio norteamericano da tribo dos síux hunkpapa.
Touro Sentado fíxose famoso por conducir tres mil quiñentos indios síux e cheyenne contra o Sétimo de Cabalaría, que estaba baixo as ordes do xeneral Custer, na batalla de Little Bighorn o 25 de xuño de 1876, onde os estadounidenses resultaron derrotados.
Perseguido polo exército estadounidense, Touro Sentado levou os seus homes ao Canadá, onde permaneceron até 1881. Neste ano regresou coa súa tribo aos Estados Unidos para que a súa xente se entregase e terminasen así os enfrontamentos. O propio Touro Sentado foi amnistiado e o exército respectouno.
Nos anos seguintes Touro Sentado formou parte do show de Buffalo Bill.